Empresas baseadas no coñecemento

As spin-off universitarias son empresas que se constitúen por iniciativa dos membros da comunidade universitaria e que explotan os coñecementos e as tecnoloxías xeradas nos traballos de investigación realizados na propia universidade, que contribúe deste xeito ao desenvolvemento económico e social, ao favorecer o progreso e ao xerar riqueza.

As spin-off universitarias teñen, ademais, a consideración de empresas de base tecnolóxica (EBT), xa que a súa actividade está baseada, de forma maioritaria, en tecnoloxías emerxentes, avanzadas e innovadoras.

A Universidade de Vigo ten asumido o firme compromiso de facer realidade a creación de spin-off universitarias nacidas dende o seu propio seo, e encoméndalle á Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación unha serie de servizos que faciliten esta liña de transferencia de tecnoloxía e coñecemento. Dentro destes servizos podemos sinalar:

  • O asesoramento para a presentación da solicitude para a creación dunha EBT da Universidade de Vigo.
  • A análise e o informe da solicitude respecto aos resultados de investigación da universidade: titularidade, tecnoloxías e coñecementos que se van transferir, adecuación da transferencia ao proxecto, valorización desta etc.

Para calquera consulta poden dirixirse a:

Oficina de I D

Universidade de Vigo, campus de Vigo

Anexo edificio Xerencia, 1º andar

As Lagoas, Marcosende s/n

36310 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986 812 236 

Enderezo electrónico: otri@uvigo.es

Normativa

 

Empresas baseadas no coñecemento

 

CONVOCATORIA 2017 PARA O DESENVOLVEMENTO E CONSOLIDACIÓN DE EBTs

 

 

 

CONVOCATORIA PARA O DESENVOLVEMENTO E CONSOLIDACIÓN DE EBTs DA UNIVERSIDADE DE VIGO NOS CAMPUS DE VIGO, OURENSE E PONTEVEDRA - 2016

 

RR concesión EBTs

Documento PDF

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal