II Encontro de profesionais da comunicación en RRSS das universidades españolas
As redes sociais convertéronse en eixes principais da comunicación institucional das universidades e en canles imprescindibles para manter unha comunicación aberta e fluida coa comunidade universitaria.
A necesidade de afondar nos mecanismos propios da comunicación en redes sociais no ámbito universitario e na capacidade de innovación e de mellora que nos poden achegar estas canles propiciou a organización do primeiro encontro de profesionais desta vertente da comunicación na Universidad de Murcia en 2023, #Rederas23.
Co fin de darlle continuidade a este foro de traballo integrado por persoas que xestionan medios sociais universitarios, a Universidade de Vigo comprácese en acoller a segunda edición deste encontro os días 23 e 24 de maio de 2024.
Eixes temáticos
O encontro estruturarase arredor das seguintes temáticas:
- Novas narrativas e tendencias
- Aplicacións e ferramentas
- Intelixencia artificial
- Boas prácticas
Boas prácticas
Rederas 2024 reserva un dos módulos do programa á posta en común das experiencias na posta en marcha de novos proxectos, boas prácticas e innovacións…, proveitosas ou non.
As propostas enviaranse por correo electrónico a rederasgrupodetrabajo@gmail.com
Propostas de comunicación
- Cada módulo incluirá un máximo de catro comunicacións de 15 minutos e un tempo de debate.
- En caso de que se presenten máis de catro propostas, comunicaranse as seleccionadas antes do 10 de maio.
- As propostas enviaranse por correo a: rederasgrupodetrabajo@gmail.com
- Incluirase a seguinte información: título, autoría, universidade de orixe, resumo (máximo unha páxina) e datos de contacto.
- As persoas interesadas en presentar unha comunicación poderán enviala ata o 29 de abril, unha vez inscritas no encontro.
Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal