Recursos humanos de investigación

O incremento e mellora da calidade dos recursos humanos de investigación é unha liña básica no desenvolvemento do SECYT e do sistema de I D i da Universidade de Vigo. Os diversos axentes do sistema e a Universidade de Vigo teñen deseñado diversos instrumentos para facilitar a contratación e incorporación de persoal investigador, tecnólogos/as e persoal de apoio a I D, e para promover a súa formación permanente e mobilidade xeográfica, institucional e intersectorial.

Neste apartado recóllense os principais programas e convocatorias de recursos humanos de investigación no ámbito estatal, autonómico e da propia Universidade de Vigo.

Para calquera consulta ou xestión de convocatorias sobre recursos humanos de investigación pode dirixirse a:

Sección Recursos Humanos de Investigación

S.º de Apoio á Investigación e Desenvolvemento

Universidade de Vigo, campus de Vigo

Edificio Xerencia, planta baixa

As Lagoas, Marcosende s/n

36310 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986 813 599 / 986 813 906

Enderezo electrónico: recursoshumanos.investigacion@uvigo.es

 

Calculadora de contratos

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal