Obxectivos do Servizo

Xestión económica:

O propio organigrama funcional do Servizo obríganos a establecer unha diferenza entre xestión económica e contratación administrativa, aínda que esta última non deixa de ser un importante instrumento do amplo contido da xestión económica.

Delimitado o concepto de xestión ao seguimento e control orzamentario unido á eficiencia, cabe sinalar inicialmente que na Universidade de Vigo se leva, en gran medida, de forma descentralizada por centros de gasto (facultades, escolas etc., todos eles relacionados no orzamento da Universidade para cada ano).

Os datos proporcionados sobre o servizo refírense aos Servizos Centrais como un centro de gasto que tramita no capítulo II ("Gastos en bens correntes e servizos"), mais no capítulo VI ("Investimentos reais") sobre o 70 % do importe total da Universidade.

En todo caso, os obxectivos do Servizo van máis alá de ser un centro de gasto, xa que leva a cabo una ampla labor informativa sobre os seus campos de actuación.

Na parcela da contratación administrativa, un elevado número de expedientes iníciase a solicitude dos centros ou de persoas ou unidades emprazadas nestes. Se a partida é descentralizada (proxectos de investigación), o centro envíalle ao Servizo a solicitude de trámite do expediente, a xustificación do gasto, a reserva de crédito e as prescricións técnicas. Neste caso, compre sinalar que por Resolución reitoral do 14 de abril de 2000 se descentralizou a tramitación nos administradores de centros o procedemento negociado por razón da contía (subministracións inferiores a 5.000.000 de pesetas).

Se os expedientes se inician dende a Xerencia ou a Vicerreitoría de Planificación tamén se require, en ocasións, a colaboración dos centros na definición das prescricións técnicas, informes etc. Neste caso a reserva de crédito correspóndelle ao Servizo.

Na parcela de xestión do patrimonio e inventario, os obxectivos son: identificar os bens e elementos que integran o inmovilizado material e inmaterial da Universidade; realizar un control exhaustivo dos bens, tanto mobles como inmobles, os de carácter artístico ou histórico, no seu caso, así como obter toda a información adicional necesaria para telos perfectamente catalogados; cumprir as esixencias en materia de amortización do inmovilizado e o control, en todo momento, do valor do patrimonio neto da Universidade; e efectuar a actualización e mantemento futuro dos diferentes bens.
 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal