PROGRAMA SICUE

 

PRAZAS CURSO 18/19


DOCUMENTACIÓN DA CONVOCATORIA

Texto da convocatoria (cos requisitos que tes que cumprir para solicitar a praza sicue, prazos, descrición do procedemento, etc)
 


COMO SOLICITAR SICUE?

• Forma de solicitude: Entrando co teu DNI, NIU y contrasinal na túa SECRETARÍA VIRTUAL.
• Prazo de solicitudes: do 13 de febreiro ao 13 de marzo.
• Onde escribir en caso de dúbida? sicue@uvigo.es

 

COMO É O PROCESO?

1. Prazo de solicitude: do 13 de febreiro ao 13 de marzo.
2. Terminado o prazo anterior enviaranse aos coordinadores SICUE os listados de solicitude para que dean o visto e prace as solicitudes dos alumnos da súa Facultade ou Escola. Se o alumno non obtén o visto e prace do coordinador a súa solicitude quedará excluída do proceso.
3. Comprobación por parte da ORI se o alumno cumpre os requisitos necesarios esixidos na convocatoria SICUE.
4. Publicación das listaxes de admitidos e excluídos no procedemento (non se publican aquí as concesións de praza, só se vería se se está admitido porque se cumpran os requisitos ou non).
5. Apertura de prazo de reclamación: 5 días hábiles. IMPORTANTE: os alumnos ADMITIDOS deben comprobar, a maiores de estar admitidos, se as prazas que solicitaron figuran correctamente, xa que logo non se permitirán cambios. O alumnado excluído poderá emendar os motivos da súa exclusión.
6. Publicación listaxes definitivas de ADMITIDOS-EXCLUÍDOS.
7. 27 de abril - Publicación listaxes PROVISIONAIS de prazas concedidas.
8. Apertura de prazo para reclamar: 10 días hábiles.
9. 15 maio - Publicación das listaxes definitivas de prazas concedidas e apertura do prazo de Aceptación/Renuncia. Prazo de 2 semanas para ACEPTAR, RECHAZAR, SEGUIR ESPERANDO na Secretaría Virtual las prazas adxudicadas.
10. 29 maio - Publicación 2ª listaxe DEFINITIVA DE PRAZAS CONCEDIDAS (tralas renuncias/aceptacións do anterior).
11. 5 xuño - Publicación 3ª listaxe DEFINITVA DE PRAZAS CONCEDIDAS (tralas renuncias/aceptacións do anterior).
12. 12 xuño en adiante - Fin do proceso SICUE. Poderase optar ás prazas que queden vacantes na convocatoria escribindo a sicue@uvigo.es.

Consultar aquí as Preguntas más frecuentes (CRUE)

 
 
 

                                      PRAZAS CURSO 17/18  

 

RESOLUCIÓNS

A partir do 12 de xuño ábrese o prazo para adxudicación de vacantes. Pódense solicitar ao mail siope@uvigo.es

 

 

 

 

Que tes que comprobar nesta listaxe?

Debes comprobar que figuras na listaxe de solicitudes ADMITIDAS e que os destinos que pediches na secretaría virtual son iguais que os que figuran na táboa, porque utilizaremos esa información para facer as adxudicacións definitivas.

Se hai algo incorrecto, tes que comunicárnolo por correo electrónico a siope@uvigo.es (ata 21 de abril). Logo xa quedaría definitiva a información que figura na listaxe.

Se figuras na táboa como "excluído", podes alegar as causas da exclusión, se consideras que son incorrectas da mesma forma e nos mesmos prazos que no parágrafo anterior.

 

Cales son os seguintes pasos? (datas aproximadas)

  • 24 de abril-Publicación listaxe DEFINITIVA de ADMITIDOS/EXCLUÍDOS.
  • 27 de abril-Publicación listaxe PROVISIONAL  de CONCEDIDOS (adxudicación provisional de destinos/prazas). Haberá un prazo de 10 días hábiles para alegar.
  • 15 maio-Publicación 1ª listaxe DEFINITIVA DE CONCEDIDOS. Abre prazo de 2 semanas para ACEPTAR/REXEITAR/SEGUIR ESPERANDO na Secretaría Virtual as prazas adxudicadas (consulta debaixo o documento titulado "Instruccións adxudicación de prazas" para saber qué facer segundo sexa o teu caso).
  • 29 maio- Publicación 2ª listaxe DEFINITIVA CONCEDIDOS (tralas renuncias/aceptacións do anterior).
  • 5 xuño- Publicación 3ª listaxe DEFINITVA CONCEDIDOS (tralas renuncias/aceptacións do anterior).
  • 12 xuño en diante- Remate do proceso SICUE. Poderías optar ás prazas que quedaron vacantes na convocatoria escribindo a siope@uvigo.es.

 

 

 COMO SOLICITAR SICUE?

  • Forma de solicitude: Entrando con teu DNI, NIU e contrasinal na túa SECRETARÍA VIRTUAL do alumnado. 
  • Prazo de solicitude: do 10 de febreiro ao 10 de marzo
  • Onde escribir ou chamar en caso de dúbidas? siope@uvigo.es ou 986-812693

 

 

DOCUMENTACIÓN DA CONVOCATORIA

 

 

Como é o proceso?

  1. Prazo de solicitude
  2. Terminado o prazo anterior enviaránse aos coordinadores SICUE os listados de solicitude para que den o visto e prace as solicitudes dos alumnos da súa Facultade. Se o alumno non obtén o visto e prace do coordinador a súa solicitude quedará excluída do proceso.
  3. Comprobación por parte do SIOPE se o alumno cumpre os requisitos necesarios esixidos  na convocatoria SICUE
  4. Publicación listaxes de admitidos e excluídos NO PROCEDEMENTO  (non se publican aquí as concesiòns de praza, só sería se vería estás admitido porque cumples os requisitos ou non)
  5. Apertura de prazo de reclamación . IMPORTANTE: os alumnos ADMITIDOS deben comprobar, a maiores de estar admitidos, se as prazas que solicitaron figuran correctamente xa que logo non se permitirán cambios. Os alumnos excluídos poden alegar os motivos da súa exclusión
  6. Publicación listaxes definitivas de ADMITIDOS-EXCLUÍDOS
  7. 27 DE ABRIL- Publicación listados PROVISIONAIS  de  CONCEDIDOS
  8. Apertura de prazo para reclamar-10 días hábiles
  9. Publicación listados definitivos de CONCEDIDOS e apertura prazo de Aceptación/Renuncia

 

 

                                            

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal