Audiovisuais, videoconferencia e multimedia

Na Universidade de Vigo, e xestionadas pola ATIC, existen actualmente salas de videoconferencia localizadas nos distintos campus universitarios.

Estas salas admiten a posibilidade de impartir clases de forma interactiva ao compartir as aplicacións necesarias para isto. Estas salas requiren un equipo de ordenadores, en que o alumnado poida traballar.

A planificación levarase a cabo tras encher o Formulario solicitude videoconferencia, co obxectivo de obter unha solución óptima á petición realizada.

Os usuarios/as que fagan uso deste servizo deberán cumprir as normas.

Subir

Os equipos de teledocencia están constituídos por medios audiovisuais, equipos de codificación e decodificaciónencerados electrónicos e un conxunto de ordenadores para a realización das prácticas por parte do alumnado.

Ademais, a Universidade de Vigo, dispón de tres sistemas integrados móbiles, un en cada campus chamado POLYCOM, que realiza as funcións necesarias para poder establecer unha videoconferencia ou multiconferencia.

Subir

Os sistemas de videoconferencia permiten a comunicación interactiva entre persoas situadas en localizacións distintas.

 

Trátase da transmisión de vídeo e voz en tempo real. Deste xeito, as persoas que participan na videoconferencia poden comunicarse como se se atoparan na mesma sala.

Ademais doutras aplicacións, a videoconferencia pódese considerar como unha ferramenta que se pode utilizar no ámbito da educación a distancia.

A teledocencia integra as tecnoloxías da información e da comunicación dentro do campo do ensino, co obxectivo de realizar actividades de carácter educativo. Ao mesmo tempo, existe a posibilidade de compartir aplicacións e explicacións sen a necesidade de ter que restrinxirnos á visualización e audición de persoas situadas en lugares remotos.

Deste xeito, intégrase a transmisión de datos, vídeo e voz no mesmo medio, de maneira que se pode obter unha conexión simultánea en tempo real que permita intercambiar información entre persoas distantes xeograficamente.

As salas de videoconferencia das que dispón a Universidade de Vigo son:

  • Vigo: sala de xuntas dos Servizos Informáticos (biblioteca central), 5 prazas
  • Vigo: sala AG da biblioteca central, 15-20 prazas
  • Ourense: Facultade Dereito – Empresariais, 8-10 prazas
  • Pontevedra: Facultade de Ciencias Sociais, 10-15 prazas

Subir

Videoconferencia masiva AccessGrid

A Universidade de Vigo habilitou tres salas AccessGrid, unha por cada un dos tres campus que a conforman.

AccessGrid pode empregarse como un sistema de videoconferencia que lles permite aos participantes de múltiples localizacións comunicarse en tempo real a través de internet.

O sistema AccessGrid pode interactuar cun número indeterminado de localizacións, tanto de España, como do resto do mundo. Permite a posibilidade de amosar, de xeito simultáneo, audio e vídeo en vivo, documentos de traballo e imaxes científicas complexas, como as xurdidas de fontes como microscopios electrónicos ou satélites.

Esta tecnoloxía permítelle ao grupo de participantes a posibilidade de que se escoiten e se vexan uns aos outros, ao tempo que comparten documentación de traballo, en tempo real e sen atrasos. Isto proporciona a oportunidade de traballar en conxunto sen os inconvenientes de ter que desprazarse a outros lugares do país ou do mundo para asistir a esas reunións.

As principais características dunha sala AccessGrid son:

  • Posibilita a realización de reunións/presentacións no contorno dunha mesma sala.
  • Posibilita a colaboración con outros grupos de persoas, tanto en España como noutros lugares do mundo que dispoñan dunha sala con esta tecnoloxía.
  • Ten a capacidade de permitir empregar outras tecnoloxías nas reunións, como por exemplo presentacións de diapositivas en PowerPoint.
  • Proporciona un ambiente en que os micrófonos non precisan ser presionados, de xeito que se crea a "sensación" de estar reunidos nunha mesma sala "virtual".
  • Permite a visualización dun escritorio de traballo cunha superficie de 3072 x 768 píxeles.

As salas de AccesGrid de que dispón a Universidade de Vigo son:

  • Vigo: sala AG da biblioteca central, 15-20 prazas
  • Ourense: sala de audiovisuais da biblioteca central (2.º andar), 25-30 prazas
  • Pontevedra: sala AG da Facultade de Ciencias Sociais (seminario 5, 1.º andar), 10-15 prazas

Guía para un bo uso das Salas AccesGrid.

Subir

UVigo-TV

Uvigo-TV é un servizo de televisión por internet prestado pola Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións (ATIC) da Universidade de Vigo.

Agrupa todos os servizos de transmisión de vídeo sobre internet da Universidade de Vigo, e pon á disposición dos usuarios/as da Universidade contidos audiovisuais de carácter educativo e institucional, conforme ao sistema de vídeo baixo demanda ou en transmisións en directo.

Uvigo-TV, como televisión corporativa sobre internet, permite a transmisión en directo de eventos a toda a rede da Universidade de Vigo ou a toda internet, segundo se desexe.

A súa recepción faise a través do computador persoal coa mesma facilidade que a visión dunha páxina web. Así mesmo, este sistema permite gravar eses eventos e telos dispoñibles baixo demanda a través da videoteca de Uvigo-TV.

Subir

Subir

Servizos

Existen múltiples aplicacións multimedia da videoconferencia, pero as que realmente teñen importancia no dominio do ensino son as seguintes:

  • Teleformación
    • Reunións alumnado-profesorado coa finalidade de poder cubrir horas de titorías.
    • Intercambio de información de forma bidireccional ou multidireccional entre usuarios/as remotos.
    • Clases impartidas por un ou máis educadores/as a un ou máis grupos de estudantes.
    • Colaboración entre alumnado a distancia.
  • Teletraballo
    • A resolución de proxectos orientados á docencia ou á investigación poderase realizar a través de reunións entre os integrantes destes.
  • Comunicación remota con expertos
    • A posibilidade de reunirse con persoas expertas nunha materia determinada sen a necesidade dun desprazamento innecesario.

Subir

Videoconferencia tradicional IP/RDSI

Equipamento

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal