Servizo de nomes DNS

Neste documento indícase de xeito conciso a organización do DNS da Universidade de Vigo e as regras ás que está suxeita a inclusión de nomes baixo o dominio uvigo.es e os seus subdominios.

O servicio de nomes da Universidade de Vigo permite asociar enderezos IP no rango de enderezos asignados á Universidade de Vigo con nomes de dominio pertencentes ó dominio uvigo.es ou subdominios.

O correcto funcionamento do servicio de nomes é fundamental no funcionamento da rede, facéndose necesario seguir unhas regras á hora de asignar nomes para conseguir este fin.

As regras indicadas neste documento poden sufrir algunha modificación no caso de que se considere necesario.

 

Configuración do DNS

O ATIC proporciona 2 servidores DNS para que sexan empregados polos usuarios da Universidade de Vigo. Estes só poden ser empregados dende equipos situados na propia rede da  Universidade de Vigo.

Son os seguintes:

  • dns.uvigo.es: 193.146.32.86
  • dns2.uvigo.es: 193.146.32.228

Poden atopar máis información sobre como configurar os servidores DNS no seu ordenador nesta páxina.

 

Altas, baixas e modificacións de nomes no DNS

As solicitudes de modificacións no DNS deben enviarse por correo electrónico a solicitudes.dns@uvigo.es

 

Normas para os nomes DNS

A inclusión dun nome no DNS do dominio uvigo.es está suxeita ás seguintes condicións:

  • Que o enderezo IP correspondente a este nome pertenza ó espacio de enderezos reservado pola Universidade de Vigo.
  • Que o enderezo IP fose asignado a un usuario por parte dos servicios informáticos da Universidade de Vigo e que a persoa de contacto sexa válida para este enderezo IP (sexa a persoa á que se lle asignou a IP ou a persoa encargada da administración da rede á que pertence ese enderezo IP).
  • Os nomes deben ser nomes válidos no servicio de nomes DNS, formados polos díxitos do 0 ó 9, as letras do a ó z e o “-” (guión). O primeiro ou último carácter do nome non pode ser "-". Outros caracteres non son válidos, incluíndo caracteres habituais como “\” ou “_”.
  • Como norma xeral non se crearán nomes con caracteres especiais (punycode). En todo caso non recomendamos o seu uso polos problemas de resolución do nome que se poden chegar a xerar
  • A lonxitude mínima dos nomes debe ser de 3 caracteres, e a máxima de 24 caracteres (aínda que se recomenda que sexan máis curtos).
  • A universidade resérvase o dereito de incluír ou non un nome no DNS, de xeito que non se concederán nomes que se consideren incorrectos ou ofensivos, solicitándoselle ó usuario que volva efectuar a solicitude de alta no DNS. Isto afecta por igual a nomes ou a alias. En xeral non se aceptarán nomes que correspondan a servicios directamente baixo o dominio "uvigo.es" (www.uvigo.es, mail.uvigo.es, etc.), xa que estes se reservan para os servicios informáticos de investigación.
  • A inclusión de rexistros NS e de servidores de nomes baixo subdominios de uvigo.es non se fará de xeito xeral, e non se recomenda, dado que compre que os usuarios administren o seu propio servidor DNS o que rara vez compensa.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal