Grupos de traballo

Grupos de trabajo ATHENA


Co fin de acadar os obxectivos establecidos na proposta inicial desta primeira fase de ATHENA, o traballo organizouse en diferentes grupos (working packages, WP) e co apoio do grupo de traballo de estudantes (Students board) e doutro creado ad hoc sobre igualdade. 

Cada grupo de traballo (WP) está composto por membros de todas as universidades socias da alianza expertos en cada unha das temáticas, que se reúnen polo menos unha vez ao mes. Cada socio lidera un dos grupos e a UVigo é responsable da coordinación do grupo creado para tratar as cuestións relacionadas coa igualdade. 

 

Coordinado polo Instituto Politécnico do Porto (Portugal), o WP1 encárgase da xestión xeral e financeira da alianza, ademais da xestión das relacións cos socios e cos asociados. O WP1 é responsable da dirección dos comités de internacionalización, de educación e de calidade. 

Tras a inclusión de dúas novas institucións de educación superior ucraínas como membros asociados, estanse a seguir os pasos oportunos para a posible adhesión doutros membros. 

Na UVigo, o WP1 está liderado por Maribel del Pozo, vicerreitora de Internacionalización. 

Maribel del Pozo Triviño
Vicerreitora de Internacionalización
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal

Coordinación: Instituto Politécnico do Porto (Portugal)

O WP2 está coordinado pola Ελληνικό Μεσογειακό Πανεπιστήμιο-Universidade Helénica do Mediterráneo (Grecia) e na UVigo, a súa responsable é Maribel del Pozo, vicerreitora de Internacionalización. Entre os seus cometidos, destacan o deseño e revisión do plan estratéxico, a creación, xestión e seguimento do observatorio do mercado da educación superior, así como a organización e a xestión das reunións de reitores.  

Maribel del Pozo Triviño
Vicerreitora de Internacionalización
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal

Coordinación: Ελληνικό Μεσογειακό Πανεπιστήμιο-Universidade Helénica do Mediterráneo (Grecia)

El Instituto Politécnico do Porto (Portugal) é o socio coordinador deste grupo de traballo de educación, que lidera na UVigo, Susana Reboreda, vicerreitora de Extensión Universitaria.

O WP3 encárgase de todo o relacionado co deseño do currículo académico e formativo da alianza, incluído o desenvolvemento de mecanismos de acreditación e recoñecemento académico, así como o fomento do emprendemento e as relacións coas diferentes comunidades locais. 

Nas súas últimas reunións mensuais, os membros do WP3 estiveron traballando no deseño da oferta formativa mediante a agrupación de materias en “clústeres de competencias”. Estes “clústeres” supoñen a organización dos contidos por temáticas, facilitando a creación dun itinerario académico común nas diferentes universidades socias, grazas á colaboración do profesorado implicado en cada unha das materias.

Ademais, consideráronse as diferentes modalidades e opcións de docencia: virtual, presencial, combinada, síncrona e asíncrona. 
Esta flexibilidade, tanto no que se refire ao currículo académico, como ás modalidades de formación, permite ao alumnado deseñar o seu propio itinerario de maneira individualizada, contribuíndo igualmente á promoción das actividades de mobilidade. 

Susana Reboredo Morillo
Vicerreitora de Extensión Universitaria
+34 986 813 586
vice.extension@uvigo.gal

Coordinación: Instituto Politécnico do Porto (Portugal)

O WP4 está coordinado pola Univerza v Mariboru (Eslovenia) e liderado na UVigo por Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación. O grupo de traballo de investigación encárgase do fomento da cooperación entre a investigación, a innovación e a industria, do desenvolvemento dun modelo conxunto de investigación e innovación, do deseño de actividades e proxectos de investigación, etc.

Este grupo estivo traballando na elaboración dun directorio de recursos compartidos das universidades socias, a través do cal calquera persoa cunha conta de de correo institucional pode consultar ou incluír información relevante relacionada coa investigación.

O WP4 encárgase tamén da promoción e coordinación das publicacións realizadas no seo da alianza. En novembro de 2022 publicouse o primeiro volume do ATHENA Research Book en acceso aberto, que inclúe as contribucións recibidas por parte do persoal investigador das institucións socias, resaltando especialmente os traballos desenvolvidos polo alumnado de doutoramento. Neste momento, estanse a recibir contribucións para el segundo volume desta publicación, que ten o propósito de manterse no tempo con carácter anual.  

Belén Rubio Armesto
Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal

Coordinación: Univerza v Mariboru (Eslovenia)

Vilnius Gediminas Technical University (Vilnius Tech) de Lituania é a universidade socia encargada da coordinación deste grupo de traballo, liderado na UVigo por Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais.

O WP5 encárgase do desenvolvemento e implementación da estratexia de comunicación dixital da Alianza, así como da difusión de eventos para promover as diferentes actividades de mobilidade e aumentar o coñecemento sobre ATHENA. 

Unha das últimas campañas de difusión xirou en torno ao ATHENATHON, actividade deportiva que se celebra anualmente con motivo do día de Europa. 

Os representantes do WP5 en cada unha das universidades socias son responsables tamén de que  a imaxe e información de ATHENA se integre nas diferentes canles institucionais (web, RRSS, correo electrónico, etc.). 

Actualmente, estanse a preparar un conxunto de recursos virtuais en colaboración cos socios e estase a levar a cabo a actualización do manual de identidade visual da alianza. 

Mónica Valderrama Santomé
Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal

Coordinación: Vilnius Tech (Lituania)

O WP6 está coordinado pola University of Siegen (Alemaña) e liderado na UVigo por Daniel Villanueva, director do Campus Tecnolóxico. Este grupo de traballo encárgase de tender pontes entre as empresas e as universidades co obxectivo de identificar as necesidades da industria e poder adaptar a elas a oferta académica . Actualmente estase a desenvolver un relatorio sobre o estado do mercado de traballo na área de influencia de cada unha das institucións, o que permitirá seguir avanzando neste sentido.

Para establecer relacións entre os socios e a industria lévanse a cabo diferentes iniciativas como o desenvolvemento de espazos de creación de prototipos, o chamado ATHENA Co-creation Hub, fablabs, markerspaces, feiras de emprego etc. Estase a estudar tamén a creación de espazos de traballo nos que os socios poidan facer un uso compartido do equipamento e infraestruturas dispoñibles na alianza, fomentando así a colaboración entre o persoal investigador das diferentes institucións. 

Os membros do WP6 están a traballar tamén na adaptación e uso da plataforma PRAXIS, como plataforma de recrutamento mundial, onde o estudantado pode consultar a oferta de prácticas e convocatorias de emprego. Creouse un grupo de traballo específico para a adaptación a esta plataforma co obxectivo de coordinar o labor das universidades socias no seu uso. 

Ademais, este grupo encárgase da promoción da transferencia do coñecemento e dos resultados de investigación e innovación á sociedade civil. 

Daniel Villanueva Torres
Director do Campus Vigo Tecnolóxico
+34 986 813 597
dir.vigotec@uvigo.gal

Coordinación: Universität Siegen (Alemaña)

O grupo de traballo de internacionalización está coordinado pola Université d’Orléans (Francia) e liderado na UVigo por Maribel del Pozo, vicerreitora de Internacionalización. 

Este grupo traballa para mellorar os servizos dispoñibles en cada unha das universidades socias e incrementar así o número de mobilidades previstas. O WP7 encárgase da promoción e planificación de actividades para o fomento da internacionalización. Recentemente presentouse a nova planificación dos Erasmus+ Blended Intensive Programmes (BIP, cursos intensivos de mobilidade combinada en temáticas innovadoras e emerxentes) para os próximos meses nas diferentes sedes das institucións de ATHENA, coa participación do personal docente e alumnado interesado. Igualmente, abordouse a oferta internacional para as próximas escolas de verán e inverno, así como a programación doutras actividades para a promoción da mobilidade, como o ATHENATHON. Ademais, o WP7 ten por obxectivo o seguimento e a implementación progresiva da European Student Card,, para o que se creou un grupo de traballo específico. 

Entre os seus obxectivos, destacan tamén a creación dun foro de embaixadores do alumnado ATHENA, a promoción do plurilingüismo, a promoción e desenvolvemento de actividades formativas para o persoal das universidades socias e o apoio ao persoal docente e investigador. 

Maribel del Pozo Triviño
Vicerreitora de Internacionalización
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal

Coordinación: Université d'Orléans (Francia)

A Università Niccolò Cusano (Italia) é a coordinadora deste grupo de traballo, liderado na UVigo por José Luis Míguez Tabarés, vicerreitor de Planificación e Sostibilidade.

Entre os obxectivos do WP8, destaca a implementación dunha infraestrutura común de formación e comunicación a distancia para o uso do profesorado e alumnado das nove universidades socias. Nos vindeiros meses, darase prioridade á interconexión das universidades socias por este medio para poder formular cursos e actividades de aprendizaxe de maneira conxunta. 
 

José Luis Míguez Tabarés
Vicerreitor de Planificación e Sostibilidade 
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal

Coordinación: Università Niccolò Cusano (Italia)

Coordinado por la Ελληνικό Μεσογειακό Πανεπιστήμιο-Universidade Helénica do Mediterráneo (Grecia), o WP9 está liderado na UVigo por Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais. En coordinación co WP5, este grupo de traballo ten por obxecto a implementación do plan de difusión ATHENA, para o que leva a cabo as actividades de difusión correspondentes. 

Así mesmo, o WP9 encárgase do desenvolvemento e implementación do plan de sostibilidade da Alianza e do establecemento de conexións coas autoridades educativas nacionais e rexionais. 
 

Mónica Valderrama Santomé
Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal

Coordinación: Ελληνικό Μεσογειακό Πανεπιστήμιο-Universidade Helénica do Mediterráneo (Grecia)

O grupo de estudantes de ATHENA está formado polos consellos de estudantes e os equipos locais da Erasmus Student Network  (ESN ) en cada unha das universidades socias. Na UVigo, está coordinado por Agustín Suárez Martínez, tesoureiro do CEUVI. Ademais, ATHENA creou a ATHENA ESN, convertíndose na primeira alianza de Universidades Europeas en contar cunha sección propia de ESN para facilitar as iniciativas conxuntas co alumnado. 

Entre os obxectivos deste grupo de traballo destacan o debate e a análise de propostas para a promoción de ATHENA (organización de actividades, proxectos, eventos, cursos de formación, etc.), así como para incrementar as oportunidades do colectivo de estudantes..

Agustín Suárez Martínez
Tesoureiro do Consello de Estudantes da Universidade de Vigo (Ceuvi)
ceuvi@uvigo.gal

A UVigo é coordinadora deste grupo de traballo, liderado por Águeda Gómez Suárez, directora da Unidade de Igualdade. Co establecemento deste grupo, a Alianza ten como obxectivo a definición dunha gobernanza baseada na igualdade e na integración da perspectiva de xénero de maneira transversal en tódolos aspectos estruturais e liñas de traballo de ATHENA. Neste senso, estase a desenvolver unha oferta formativa en materia de igualdade para fomentar a promoción dunha mobilidade e educación inclusivas. 

Águeda Gómez Suárez
Directora da Área de Igualdade
+34 986 813 419
igualdade@uvigo.gal

 

Máis información:

Oficina ATHENA
Programa de Universidades Europeas
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
athena-office@uvigo.gal

Instagram  youtube  ​​​Linkedin