Como chegar

En avión

O aeroporto de Vigo, Peinador, permanecerá pechado do 3 ao 30 de maio de 2024 polas obras para remodelar a pista.


Outros aeroportos:

O aeroporto de Santiago (SCQ) atópase a 1 h 30 min de Vigo en autobús ou en tren.

O aeroporto Sá Carneiro (OPO) (Portugal) está a 150 km, a dúas ou tres horas de Vigo, en autobús ou en tren.

 

En tren

Pódese chegar a Vigo en tren desde Madrid, Barcelona, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Ponferrada, León, Bilbao, Alicante e Porto. 

Vigo conta con dúas estacións de tren: a de Urzáiz, na praza da Estación, e a de Guixar, na rúa do Areal, ambas en pleno centro urbano.

Na web de Renfe atoparás toda a información que necesitas sobre destinos, horarios e tarifas.


En coche

Vigo conta con tres vías principais de acceso:

  • A autovía das Rías Baixas une a cidade con Madrid (A52-A6).
  • A autovía do Atlántico (A55) une Vigo co norte de Portugal; pasa por Tui, Braga e Porto, enlaza logo con Lisboa e a rede de autoestradas portuguesas.
  • A autoestrada do Atlántico (AP9) une Vigo co norte de Galicia; pasa por Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol.


Distancias entre Vigo e algunhas cidades:

  • Pontevedra: 24 km
  • Santiago de Compostela: 93 km
  • Ourense: 105 km
  • A Coruña: 155 km
  • Lugo: 160 km
  • Porto: 150 km
  • Lisboa: 500
  • Madrid: 626 km
  • Sevilla: 730 km
  • Barcelona: 1132 km


En bus

Tamén é posible viaxar a Vigo en bus. Existen liñas directas desde Madrid, Barcelona, Asturias, Bilbao, Irún, San Sebastián, Zaragoza, Estremadura e Andalucía .

Desde o aeropuerto Francisco Sá Carneiro (OPO) hai un servizo de autobús directo que sae desde Porto e chega a Vigo en aproximadamente 2 horas. As seguentes compañías ofrecen ese servizo:

 

 

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal