Buscar unha oferta

Ofertas para estudantes, alumni ou persoas recentemente tituladas 

A difusión de ofertas de emprego da Universidade de Vigo xestiónase a través do Career Center de JobTeaser, unha plataforma en liña integral de emprego líder en Europa que inclúe contido reservado para os membros da nosa institución.


A través de JobTeaser poderás:

  • Coñecer ofertas de emprego, nacionais e internacionais, moitas delas exclusivas para a nosa universidade, así como bolsas de formación práctica, relacionadas co teu perfil profesional e os teus criterios de busca.
  • Descubrir as entidades colaboradoras da Universidade de Vigo e acceder a vídeos de presentacións de empresas e de profesións seleccionadas por sector de actividade. 
  • Acceder a consellos e recursos para a busca de emprego e á axenda de eventos da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.
  • Recibir unha newsletter semanal con información de novas e eventos que poden axudarte a mellorar a túa empregabilidade e facilitar o teu acceso ao mercado laboral.


Consulta de datos e dereito de oposición

Para o cumprimento das obligas establecidas para as axencias de colocación na Lei 3/2023, do 28 de febreiro, de emprego; no Real decreto 1796/2010, do 30 de decembro, polo que se regulan as axencias de colocación, así como calquera outra obriga que normativa ou regulamentariamente se determine e as instrucións e procedementos que establezan os servizos públicos de emprego no ámbito das súas competencias, a Universidade de Vigo consultará os seguintes datos: datos dun contrato, situación actual de prestacións por desemprego, situación laboral na data concreta, discapacidade e datos de identidade para estranxeiros.

Poderás exercer o teu dereito de oposición en exercicio de dereitos sobre protección de datos, quedando obrigado/a a achegar os datos e os documentos cando che sexan requiridos.

 

Inscríbete en JobTeaser!

Ofertas de emprego

Empregos

Contrato indefinido | Incorporación inmediata

Nome da empresa
DIVICO CONSULTORES, S.L.
Cargo
Paramedical & Care
Lugar
Spain

Contrato de duración determinada | 12 meses | Incorporación inmediata

Nome da empresa
BMC Construction eStudio & Contract
Cargo
Logística / Supply chain
Lugar
Nigrán - Spain

Contrato de duración determinada | 12 meses | Incorporación inmediata

Nome da empresa
Trivium Packaging Iberica
Cargo
Calidad / Mantenimiento / PRL
Lugar
Pontevedra - Spain

Contrato indefinido | Incorporación inmediata

Nome da empresa
Viewnext S.A
Cargo
Producción / Operaciones
Lugar
Ourense - Spain

Contrato indefinido | Incorporación inmediata

Nome da empresa
Corpos Fisioterapia/Fisioestética
Cargo
Servicio al cliente
Lugar
Ribadeo - Spain

Máis información:

Servizo de Intermediación Laboral
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 136 | 986 130 110
insercionlaboral@uvigo.gal

Linkedin