Proxectos e outras actuacións do Plan Nacional


 CONVOCATORIAS PROXECTOS MINECO 2017 

 

Datos de interese para cumprimentar as solicitudes 

Cálculo coste/hora por investigador/a para o ano 2017

Datos da entidade solicitante

 

Xustificación das axudas do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade

Para a xustificación dos custos indirectos da axuda concedida consonte as instrucións de execución e xustificación que estableceu o Ministerio, é necesario cumprimentar partes horarios nos que se deben incluir as horas de dedicación ao proxecto do persoal cuxa nómina sexa por conta da Universidade de Vigo.

Instrucións de execución e xustificación de custos indirectos

Modelo de parte horario. Cubrir segundo estas instrucións:

Na folla resumo, cubra só as filas de cor laranxa:

1.      Seleccione o tipo de axuda.

2.      Introduza os datos do proxecto (referencia, partida orzamentaria, título, nome e apelidos e dni do investigador/a principal do proxecto).

3.      Introduza o dni, apelidos e nome dos participantes do proxecto e seleccione o tipo de participación (V*).

Nas follas mensuais:

4.      Anote só o número de horas de adicación de cada participante na casilla dos días (o resto dos datos xa os completa o excel automáticamente a partir dos introducidos na folla resumo).

Nos períodos de xustificación este Servizo solicitará o envío dos partes cubertos e asinados por todos os participantes, así como o libro de  excel para o tratamento dos datos.

 

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal