XXVI Miteu Vigo: 'Hámster'
Data de celebración:
8 de maio ás 18:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Ningures ProduciónLugar
Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
TeatroEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria
A programación da XXVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu 2024, continúa coa actuación deTrifásico Teatro, da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, ESAD Galicia, que, nesta ocasión, representará a obra Hámster, baixo a dirección artística de Natalia Feijoo e interpretada por Alba Lago e Álvaro Lourido. Contarán unha historia na que ‘ela’ é a femia, ‘el’ o macho, e ambos habitan un espazo que é seu e, á vez, que non escolleron, comen o que teñen ao seu alcance, dan voltas procurando a súa propia identidade, actúan para uns espectadores que non decidiron ter e que nunca deixan de mirar…
Máis información
Programación completa da Miteu 2024
Noticia no Duvi sobre a Miteu 2024