II Encontro de profesionais da comunicación en RRSS das universidades españolas

II Encontro de profesionais da comunicación en RRSS das universidades españolas


As redes sociais convertéronse en eixes principais da comunicación institucional das universidades e en canles imprescindibles para manter unha comunicación aberta e fluida coa comunidade universitaria.

A necesidade de afondar nos mecanismos propios da comunicación en redes sociais no ámbito universitario e na capacidade de innovación e de mellora que nos poden achegar estas canles propiciou a organización do primeiro encontro de profesionais desta vertente da comunicación na Universidad de Murcia en 2023, #Rederas23.

Co fin de darlle continuidade a este foro de traballo integrado por persoas que xestionan medios sociais universitarios, a Universidade de Vigo comprácese en acoller a segunda edición deste encontro os días 23 e 24 de maio de 2024.
 

Eixes temáticos

O encontro estruturarase arredor das seguintes temáticas: 

  • Novas narrativas e tendencias 
  • Aplicacións e ferramentas
  • Intelixencia artificial 
  • Boas prácticas

 

Rederas 2024 reserva un dos módulos do programa á posta en común das experiencias na posta en marcha de novos proxectos, boas prácticas e innovacións…, proveitosas ou non. 

As propostas enviaranse por correo electrónico a rederasgrupodetrabajo@gmail.com

Propostas de comunicación

  • Cada módulo incluirá un máximo de catro comunicacións de 15 minutos e un tempo de debate.
  • En caso de que se presenten máis de catro propostas, comunicaranse as seleccionadas antes do 10 de maio.
  • As propostas enviaranse por correo a: rederasgrupodetrabajo@gmail.com
  • Incluirase a seguinte información: título, autoría, universidade de orixe, resumo (máximo unha páxina) e datos de contacto.
  • As persoas interesadas en presentar unha comunicación poderán enviala ata o 29 de abril, unha vez inscritas no encontro.

 

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal