Ferramentas e recursos

Código ORCID

ORCID (Open Researcher and Contribution ID)  é un proxecto aberto, sen ánimo de lucro, que ofrece un sistema para crear e manter un rexistro dixital único e persistente para investigadores e investigadoras. Este identificador, que pretende solucionar o problema da duplicidade e da ambigüidade dos nomes, permite agrupar e darlle visibilidade a toda a produción científica dun autor/a.

O identificador ORCID é un código de 16 díxitos que se pode incluír na páxina web do investigador/a, ao presentar publicacións (é un requisito para publicar nas editoriais máis importantes) etc.

Protocolo para a normalización da sinatura científica

A Universidade de Vigo conta cun Protocolo de normalización da filiación institucional e do nome persoal nas publicacións do persoal vinculado á UVigo. Este protocolo recolle unhas normas básicas para a redacción das sinaturas das publicacións científicas, tanto no que se refire ao nome persoal como ao institucional. O seu obxectivo é garantir unha correcta identificación das publicacións nas fontes de información.

Investigación e innovación responsable (RRI)

A investigación e a innovación responsable (RRI) está cada vez máis presente nas diferentes convocatorias de financiamento da investigación. Entendemos por RRI, unha nova forma de tratar os problemas científicos onde se debe implicar a todos os actores (investigadores, innovadores, sector empresarial e industrial, responsables de políticas, organizacións non gobernamentais, entidades da sociedade civil, cidadanía etc.). Estes traballarán conxuntamente co obxectivo de aliñar tanto os procesos como os resultados da investigación cos valores, necesidades e expectativas da sociedade.

Nesta guía preséntanse algunhas ideas para incorporar a RRI ás nosas propostas de investigación:

Outros recursos

 

Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal