CoARA

A iniciativa europea CoARA (Coalition for Advancing Research Assessment) xorde do consenso na comunidade investigadora sobre a urxente necesidade de reformar os actuais métodos de avaliación da investigación.

Trátase dunha coalición formada por organizacións como financiadores de investigación públicos e privados, universidades, centros de investigación, institutos e infraestruturas, asociacións e alianzas destas, autoridades nacionais e rexionais, axencias de acreditación e avaliación, sociedades científicas e asociacións de investigadores, e outras organizacións relevantes, que representan unha ampla diversidade de vistas e perspectivas.

A este respecto, convén destacar que os procesos de avaliación que se basean predominantemente en métricas baseadas en revistas e publicacións poden ser un obstáculo para o recoñecemento de diversas contribucións e poden afectar negativamente á calidade e o impacto da investigación. Tamén contribúen a unha cultura da investigación pouco saudable e a un sistema de publicación inasequible. 

A Universidade de Vigo uniuse a CoARA en decembro de 2022 e está integrada no National Chapter para discutir e deseñar boas prácticas de avaliación.
 

  1. Cumprir as normas e prácticas de ética e integridade.
  2. Salvagardar a liberdade de investigación científica.
  3. Respectar a autonomía das organizacións de investigación.
  4. Garantir a independencia e a transparencia dos datos, as infraestruturas e os criterios.
  5. Centrar os criterios de avaliación da investigación na calidade.
  6. Recoñecer as contribucións que fan avanzar o coñecemento e o impacto potencial.
  7. Recoñecer a diversidade de actividades, prácticas e resultados da investigación.
  8. Respectar a variedade de disciplinas científicas, tipos de investigación e etapas profesionais.
  9. Recoñecer e valorar a diversidade nas funcións e carreiras de investigación.
  10. Garantir a igualdade de xénero, a igualdade de oportunidades e a inclusión.

  1. Recoñecer a diversidade de contribucións á investigación e das carreiras, de acordo coas necesidades e a naturaleza da investigación.
  2. Basear a avaliación da investigación principalmente na avaliación cualitativa, cunha revisión por pares que é fundamental, e co apoio dun uso responsable de indicadores cuantitativos.
  3. Abandonar o uso inadecuado na avaliación da investigación de métricas baseadas en revistas e en publicacións, en particular o uso inadecuado do factor de impacto das revistas (JIF) e o índice h.
  4. Evitar o uso de ránkings de organizacións de investigacións para a avaliación da investigación.
  5. Destinar os recursos necesarios á reforma da avaliación da investigación para lograr os cambios organizativos comprometidos.
  6. Revisar e desenvolver criterios, ferramentas e procesos de avaliación da investigación.
  7. Aumentar a concienciación sobre a reforma da avaliación da investigación e proporcionar unha comunicación, orientación e formación transparentes sobre os criterios e os procesos de avaliación, así como sobre o seu uso.
  8. Intercambiar prácticas e experiencias para permitir a aprendizaxe mutua dentro e fóra da coalición.
  9. Comunicar os progresos realizados na adhesión aos principios e a aplicación dos compromisos.
  10. Avaliar as prácticas, os criterios e as ferramentas baseándose en probas sólidas e no estado da arte da investigación sobre a investigación, e poñer os datos abertamente á disposición do resto da comunidade para o seu uso responsable en continuar a investigación.


 

Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal