Xornada formativa '30 anos de Agapi. 30 anos de produción independente galega'
Data de celebración:
25 de abril ás 10:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
AgapiLugar
Facultade de Comunicación de Pontevedra
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Conferencias e XornadasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa Facultade de Comunicación
Con motivo do seu 30 aniversario, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) promove, co patrocinio da Deputación da Coruña, unhas xornadas formativas nas tres universidades galegas, centradas en facer un percorrido histórico polo panorama do audiovisual galego ao longo destas tres décadas. Neste caso, a Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle, entre as 10.00 e as 13.00 horas, unha serie de coloquios abertos ao público ata completar a capacidade da sala.