Presentación rexional do proxecto 'Firepoctep+'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

22 de abril ás 15:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Universidade de Vigo

Lugar

Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios e Xornadas

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Edificio Castelao do Museo

Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Roberto Álvarez, deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza e Relacións Institucionais, e Juan Picos, investigador principal do proxecto Firepoctep+

O Museo de Pontevedra acolle a xornada de presentación en Galicia do proxecto Firepoctep+, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feder), no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg VI-A España Portugal 2021-2027 (POCTEP) e liderado pola Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo. 

Coa participación de representantes das 17 institucións e entidades galegas e portuguesas que participan neste proxecto,  este encontro abrirase, tras a benvida institucional, cunha presentación do investigador José Antonio Vega, sobre os incendios en Galicia e no norte de Portugal. Tras esta, terá lugar unha mesa redonda, aberta ao público, na que o coordinador do proxecto e os responsables dos seus diferentes paquetes de traballo darán a coñecer as principais liñas de actuación a desenvolver.

Anótao en:

Add to Calendar 2024-04-22 15:00:00 2024-04-22 15:00:00 Presentación rexional do proxecto 'Firepoctep+' No Edificio Castelao do Museo Sexto Edificio do Museo de Pontevedra Universidade de Vigo Europe/Madrid public