SOLICITUDES ATA O 6 DE MARZO
Axudas complementarias para o estudantado participante no programa SICUE
Curso 2023/2024
A Universidade de Vigo pon en marcha unha nova liña de axudas complementarias para o estudantado participante no programa de mobilidade SICUE entre centros universitarios españois.
-
A contía máxima de cada bolsa será de 1500 euros para as mobilidades de curso completo e de 750 euros para dun só cuadrimestre.
-
Requisitos para solicitar estas axudas:
-
Estar matriculado/a na Universidade de Vigo no curso 2022/2023 en titulacións oficiais de grao, tanto en centros propios como en centros adscritos de titularidade pública que impartan titulacións non ofertadas en centros propios, como é o caso das tres escolas de Enfermaría de Ourense, Pontevedra e Meixoeiro.
-
Cumprir os requisitos económicos relacionados coa renda familiar e co patrimonio recollidos nas bases da convocatoria.
-
Ter solicitada unha praza na convocatoria de mobilidade SICUE para o curso académico 2023/2024.
-
-
O prazo de solicitude destas axudas remata o vindeiro 6 de marzo de 2023.
Convocatoria de axudas complementarias
Máis información
Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsas@uvigo.gal