Universidade virtual

As novas tecnoloxías contan cunha grande implantación na Universidade de Vigo, que pon a disposición do seu alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos, un bo número de servizos virtuais, coa finalidade de facilitar trámites ou, simplemente, de achegarse dun xeito sinxelo aos seus usuarios e usuarias.

 

Por formar parte da Uvigo tes acceso a....

 

 

Secretaría Virtual

 

 ¿Que é?


A túa propia secretaría na rede! A través dela poderás realizar multitude de trámites interesantes:


Como alumno: consultar as túas notas, modificar os datos persoais que ten a universidade de ti, facer a matrícula en 2º e posteriores cursos,realizar modificacións á matrícula nos prazos establecidos, solicitar a anulación da matrícula, solicitar o envío de notas ao teu móbil, solicitar bolsas da Uvigo (comedor, residencia..),xestionar os teus contratos de mobilidade (se fas unha estadía de estudos noutra universidade ou país)…


Como PAS: acceso a múltiples aplicacións útiles para o teu traballo, tradutor especializado, consulta das nómina


Como PDI: consultar listaxes de alumnos, cualificar actas, consulta da nómina, xestión de contratos de intercambio…

 

¿Como podo acceder?



Para acceder precisas saber o teu NIU (número de identificación universitario…mais información AQUÍ) e a túa contrasinal. Podes obter ambos datos de acceso seguindo este sinxelo procedemento

Cando xa os teñas, no futuro podes acceder á Secretaría Virtual a través deste enlace, que tamén atoparás na páxina principal da Uvigo 

 

Correo Uvigo


A Uvigo pon á tua disposición unha conta de correo electrónico de tipo nome@alumnos.uvigo.es (se es un alumno/a) ou de tipo nome@uvigo.es ( se es parte do profesorado ou PAS). Averigua a túa conta seguindo estes pasos.

Aínda que xa tes seguramente outra conta de correo, recoméndamosche utilizar esta para poder centralizar ahí todos os teus mails da Uvigo e que non se che escape nin un correo.


Wifi Uvigo


Existen varias redes gratuitas que a uvigo ofrece aos seus membros: rede “persoal”, rede “alumnos”, “eduroam”. Para conectarte a elas só precisas saber o teu correo uvigo e o contrasinal porque eses serán os teus datos de acceso. Podes consultar máis información neste enlace


Se queres usar unha conexión segura tamén temos dispoñible unha rede denominada Eduroam. Tes máis información sobre ela aquí


Faitic


É un espazo virtual feito á túa medida onde atoparás a gran maioría das materias das que te matricules. Así, faitic vaiche servir de apoio para as túas clases presenciais e de canle de comunicación cos teus profesores. A través de faitic poderás consultar ou descargar os apuntamentos que o profesor publique no espazo da súa materia, recibir avisos importantes, enviar mensaxes ao teu profesor, realizar entregas en liña de traballos para ser avaliados e moito máis.

Podes acceder a Faitic neste enlace
 

Coma sempre, vaiche pedir un usuario e unha contrasinal. Cando accedas por primeira vez tanto o usuario como o contrasinal serán o DNI sen letra. En canto accedas, vai pedirche que modifiques o contrasinal para que sexa mais seguro.


App Uvigo


Non perdas ningunha noticia da Uvigo e baixa esta app. A través dela poderás consultar as túas notas e tamén recibir todos os avisos sobre bolsas, cursos…que se publican na web da Uvigo. Podes establecer as túas preferencias e filtrar os avisos, así que ti decides queres que che cheguen e cales non. Tamén atoparás máis información interesante como outras titulacións da Uvigo,  directorio…


Aulas Informática


Á Uvigo pon á túa disposición unha serie de Aulas de ordenadores de acceso libre para que poidas traballar aquí nas túas horas libres coma se estiveses na túa casa. So precisas identificarte coa tua tarxeta de estudiante universitario (TUI) para acceder a elas. Pregunta na conserxería da túa Facultade /Escola onde está a máis cercana.
 

Uvigo TV


Uvigo-TV é un servizo de televisión por Internet que pon á túa disposición multitude de videos de carácter educativo e institucional. Poderás atopar grabacións da gran mayoría dos eventos culturais celebrados na uvigo: congresos, xornadas, cursos, másteres, recursos educativos, canal emprego…Atopao aquí 

 

Guías docentes


A través do noso programa Docnet terás acceso ás guias docentes de todas as materias da Universidade de Vigo. Temario da materia, forma de avaliación, bibliografía, recomendacións do profesor, metodoloxía que se seguirá nas clases…todo isto e moito máis neste enlace

 

Bubela


¿Buscas completar a túa formación? Pois aquí atoparás moitas cousas interesantes. Bubela é a plataforma de difusión de cursos da Uvigo. A través dela poderás acceder a toda a información dos cursos que se ofertan (temario, profesorado, prezo, datas…) e matricularte en liña no que che interese. Ademais, podes apuntarte ao seu servizo de avisos para que non perdas nin unha soa novidade.


Esta é a súa dirección 

 

Moocs


"Para tod@s, onde queiras, como queiras"…ese é o espirito da nosa plataforma de cursos masivos en liña de acceso libre (MOOCs en inglés). Que máis podes pedir? Entra e averigua cales se ofertan agora mesmo.

 

Listaxes de distribución


Queres recibir comodamente no teu mail todas as noticias dun eido ou temática concreta? Pois seguro que xa hai creada unha listaxe de distribución xusto do que ti precisas. Entra na  páxina e pescuda que temos: deportes, emprego, alumnado…hai moitas para elixir. E o mellor: podes darte de alta ou de baixa cando ti decidas...Poñémoscho moi fácil.

 

Biblioteca en liña


Que sería dunha universidade sen a súa biblioteca? E as nosas son moi especiais. Non só tes unha en cada facultade senón que tamén podes acceder á biblioteca central de cada campus.


Pero ademais da súa parte física, a biblioteca facilita a túa vida incorporando multitude de servizos en liña. Poderás renovar o préstamo dos teus libros a través de internet, consultar todos os libros dispoñibles na Uvigo e consultar en que biblioteca se atopan, pedir que che traian un libro doutra biblioteca mediante o préstamo interbibliotecario, acceder a fondos en liña…e moito máis. Descúbreo na súa web 
 

 

 

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal