Alumnado da Universidade de Vigo

O alumnado da Universidade de Vigo pode cursar parte das súas titulacións no estranxeiro a través de programas como o Erasmus, ISEP, así como beneficiarse das bolsas propias desta universidade, quen tamén pon a disposición do seu estudantado un tándem de conversa coa finalidade de fomentar a aprendizaxe de idiomas e as relacións interpersoais entre os participantes.

A Oficina de Relacións Internacionais é a encargada de coordinar, centralizar e xestionar as actividades internacionais que se desenvolven na institución, relacionadas con programas de intercambio de formación de estudantes.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal