Estudantado estranxeiro Erasmus / Convenio bilateral

Cursar estudos na Universidade de Vigo

Se desexa cursar estudos como alumno/a de intercambio estranxeiro na Universidade de Vigo ten que cubrir on-line o seguinte:

Para cubrir este impreso de solicitude precisa ter os seguintes documentos que ten que engadir á solicitude on-line:

  • Estudantes de grao ou estudantes de prácticas:
    • Copia do DNI/Pasaporte
    • Escrito da súa Oficina de Relacións Internacionais na súa universidade de orixe indicando que é alumno estranxeiro de intercambio
  • Estudantes de máster ou doutoramento:
    • Copia do DNI/Pasaporte
    • Escrito da súa Oficina de Relacións Internacionais na súa universidade de orixe indicando que é alumno estranxeiro de intercambio
    • Copia del título de grado

Unha vez cuberto o impreso de solicitude on-line, recibirá un correo electrónico coa súa solicitude. 

 

A Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo enviará por correo postal a cada estudante estranxeiro de intercambio unha carta de aceptación oficial.

Tamén recibirá un e-mail con información práctica:

  • Impreso de chegada (opcional) (para que un voluntario español reciba o estudante no aeroporto, estación de tren ou estación de autobuses de Vigo, Orense ou Pontevedra)
  • Calendario académico
  • Información relativa ao aloxamento
  • Información dos nosos cursos de español e de galego para estranxeiros durante o curso académico
  • Listado de responsables de relacións internacionais en cada centro
  • Información turística de Vigo, Ourense ou Pontevedra

 Prazos para recibir on-line o impreso de solicitude:

  • Data límite para estadías anuais ou do 1.º cuadrimestre: 31 de maio.
  • Para estadías do 2.º cuadrimestre: 15 de outubro.

Para resolver cuestións académicas, o alumnado porase en contacto cos responsables de relacións internacionais do respectivo centro da Universidade de Vigo.

Os estudantes teñen que falar con antelación cos seus responsables académicos (na universidade de orixe) para decidir que materias teñen que realizar na Universidade de Vigo. A equivalencia das materias resolverase coa universidade de orixe antes de contactar co responsable de relacións internacionais da Universidade de Vigo.

Para mais información relativa a estudantes estranxeiros de intercambio pode contactar con:

Universidade de Vigo
Oficina de Relacións Internacionais
International Office
Edificio Miralles
E-36310 Vigo (España-Spain)
Tlf:+34986818726
Ori1@uvigo.es

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal