Mestrado en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica

logo da titulación previa ao máster

Especializado na preparación de enxeñeiros e directores de equipos de Proxectos de Deseño e Fabricación Industrial no campo do sector metal-mecánico.
Se orienta á foromación de profesionais con funcións no deseño do produto e a súa fabricación, para a mellora e o aumento das súas capacidades, e que asuman responsabilidades cara a integrarse e poder liderar equipos de proxectos de produtos e procesos de compoñentes meacánicos.
Docencia dividida en dos Módulos:

  • Ferramentas para a Xestión de Procesos de Deseño e Fabricación
  • Tecnologxías Avanzadas para o Deseño e a Fabricación

Actividades académicas semipresenciais entre as que destacan:

  • Traballos en grupos de proxectos
  • Casos prácticos en situacións cliente-provedor reais
  • Concorrencia obradoiro-software

O mestrado é de tipo profesionalizante, con prácticas en empresas colaboradoras e participan un bo número de profesionais externos á universidade como docentes (PSA, Gamelsa, CTAG, SNOP, Soltec, Larpro, Vigotec, Lupeon3D, Indica, Sanvicor, Hergome, VaughanSystems,...). Ademais ten un perfil internacional con algunhas materias en lengua inglesa, como a de Simulación de Procesos e Sistemas de fabricación e o Inglés técnico, e a participación de profesores de universidades estranxeiras, como Cranfield University (UK), Lulea Tekniska Universitet (Suecia), IPP y Univ. do Minho (Portugal), Zilina University (Slovakia), CIT Cork, NUI Galway (Irlanda), Salerno (Italia), Kaunas Technological University (Lituania).


Os estudantes traballadores por conta allea teñen horarios compatibles coa súa xornada laboral, poden seren bonifcados polas cotas da seguridade social e solicitar o recoñecemento de créditos das prácticas en empresa.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal