Vicerreitor de Relacións Internacionais

Fotografia deManuel Fernandez

Dr. D. Manuel Fernández Iglesias

Profesor Titular de Enxeñería Telemática

Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación

 

 

Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo. Dende 1990 exerce como profesor na Universidade de Vigo no Departamento de Enxeñería Telemática, con docencia na titulación de Enxeñería de Telecomunicación e nos programas de posgrao nos que participa o seu Departamento.
 

Ten máis dun centenar de publicacións en revistas e actas de congresos internacionais no eido das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC), participa regularmente en proxectos internacionais, estatais e autonómicos, con empresas e institucións do sector TIC.
 

Exerceu como Comisionado para o Espazo Europeo de Educación Superior da Universidade de Vigo, con rango de Vicerreitor (2004-05) e como membro do Grupo de Promotores de Boloña do programa Sócrates da Unión Europea.
Entre agosto de 2005 e abril de 2009 incorporouse ao goberno galego como Director Xeral de Comunicación Audiovisual, dentro da estrutura da Secretaría Xeral de Comunicación dependente do Presidente da Xunta de Galicia.
 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal