Responsabilidade social universitaria

Nos últimos anos a Responsabilidade social se ten incorporado á Universidade de Vigo como peza central da modernización, imprescindible para a sostibilidade económica, social, cultural e ambiental. Máis alá da xestión de actividades de cooperación, voluntariado, e protección das persoas e do medio, que inspiraron os principios da RS, a Universidade de Vigo aplica os principios da mesma cun enfoque transversal ao conxunto da súa xestión. 
  • Memorias RSU

    A Universidade de Vigo comezou no 2010 a realizar memorias anuais de Responsabilidade Social Universitaria (RSU). O obxectivo desta iniciativa é dar información dos seus feitos, de acordo cos estándares do Pacto Mundial definidos na GRI (Global Reporting Iniciative).
    En particular, as memorias de RSU permítennos a rendición de contas, dende un punto de vista social, con todos aqueles grupos de interese internos ou externos á universidade e en relación con nós. Por outra banda, facilita a visión do desempeño da institución no cumprimento dun conxunto de obxectivos sociais, recoñecidos na misión, na visión e nos valores que asumimos e cos que nos comprometemos coma comunidade.
    Para facilitar a visibilidade e comprensión das memorias, así coma para valorar o desempeño, construímos gráficas coa serie temporal das memorias aprobadas, que se presentan no portal de transparencia. Estes documentos pretenden difundir os resultados e os avances en materia de responsabilidade social, en particular no tocante aos indicadores de desempeño económico, social, laboral e medioambiental.
  • Evolución histórica de aspectos relacionados coa RSU

    • Evolución dos consumos enerxéticos (vídeo)

    • Evolución do persoal (vídeo)

    • O reto da igualdade de xénero (vídeo)

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal