DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Estudantes de Ciencias Sociais e da Comunicación participaron no encontro ‘Beerfing’

Profesionais da comunicación e a creatividade coñecen o traballo dos novos valores que se forman no campus

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Universidade e empresa
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 01/04/2022

Dirixido que os e as profesionais dos sectores da comunicación e a creatividade en Galicia poidan compartir experiencias e coñecementos, Beerfing é un encontro anual promovido polo Clúster de Comunicación e Creatividade Galega, que na tarde deste xoves reuniu en Santiago ás principais axencias e profesionais destes eidos. As e os asistentes puideron participar nun workshop e coñecer diferentes experiencias e casos de éxito nunha serie de coloquios, que tamén houbo espazo para dous proxectos desenvolvidos por alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. “Trátase dun encontro profesional, dirixido a ver a evolución do sector, no que sempre deixan un oco para xente que está empezando”, explica a decana, Emma Torres, dunha edición no que o apartado dedicado a “novos valores” do que é “un escaparate importante dentro do sector” tivo como protagonistas neste 2022 a tres estudantes da facultade.

Por unha banda, o alumno de Comunicación Audiovisual David Hortas presentou aos e ás asistentes o "proxecto de marca persoal como produtor de contidos audiovisuais publicitarios”, que desenvolve para o seu traballo fin de grao, con Silvia García Mirón e Oswaldo García como titores. Por outra, Elena Bengoa e Gabriel García achegaron a este encontro, patrocinado por Estrella Galicia, a experiencia de Freshysweet, unha axencia júnior de publicidade, integrada por alumnado da facultade, que realiza traballos para diferentes clientes, “cuxos beneficios reverten no propio funcionamento da asociación”, como explica Torres.