Xornada de Portas Abertas no CACTI

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

18 de abril ás 10:30

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

CACTI

Lugar

Cacti

Rúa Fonte das Abelleiras, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Rolda de prensa - Presentación

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Con dúas sesións, unha de mañá e unha de tarde

No marco das actividades que se van a desenvolver ao longo do 2024, ano no que o CACTI celebra os 30 anos de actividade, o Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación da Universidade de Vigo, organiza unha Xornada de Portas Abertas, que está dirixida á comunidade universitaria, aos organismos públicos, ás empresas e ao público en xeral, para amosar as instalacións, as técnicas, a instrumentación, as posibilidades analíticas e os traballos e servizos que ofrece o centro.

A Xornada de Portas Abertas celébrase o día 18 de abril en dúas sesións (mañá e tarde). Arrancará cunha presentación por parte da Vicerreitora de Investigación, Belén Rubio e, a continuación, os diferentes servizos farán unha breve presentación das aplicacións, ensaios e traballos que é posible realizar. Seguidamentente, os visitantes poderán coñecer de cerca as instalacións dos diferentes servizos, e o persoal técnico encargarase de dar as explicacións máis detalladas das aplicacións e técnicas instrumentais e posibilidades analíticas.

Para poder asistir é necesario reservar praza a través dun formulario. O número máximo de prazas é de 40 por sesión, que se irán aceptando por orde de chegada.

Máis información

Noticia no DUVI sobre a celebración do 30 aniversario do CACTI

Anótao en:

Add to Calendar 2024-04-18 10:30:00 2024-04-18 10:30:00 Xornada de Portas Abertas no CACTI Con dúas sesións, unha de mañá e unha de tarde Cacti CACTI Europe/Madrid public