Primavera do Decrecemento. Cine-fórum sobre a obra de André Gorz
Data de celebración:
30 de abril ás 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Post-Growth Innovation LabLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminarios e CineEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sala de conferencias da Vicerreitoría do campus
No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación continúa nesta xornada na sede da Vicerreitoría do campus, cun cine-fórum sobre a obra do teórico da economía política André Gorz. Conducido polos investigadores Víctor Sánchez e Alejandro Fortuny e dirixido a debater sobre unha reformulación do mundo do traballo, neste encontro proxectarase o documental Lettre à G.