II Olimpíada Nacional de Teleco
Data de celebración:
25 de abril ás 10:00 26 de abril ás 10:00Dirixido a
EstudantesOrganiza
Escola de Enxeñaría de TelecomunicaciónLugar
Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
CompeticiónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialXornada de competición de equipos e a entrega de premios
441 estudantes de 20 centros de ensino secundario de toda Galicia participan os 25, 26 e 27 de abril nas II Olimpíadas Teleco, unha iniciativa que se puxo en marcha o curso pasado a nivel nacional da man de 20 escolas de enxeñería de telecomunicación de toda España -25 nesta edición- e do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación.
O día 25 de abril competirá o alumnado da categoría destinada ao alumnado de Ensino Secundario Obrigatorio; o 26 de abril será a quenda das alumnas e alumnos de Formación Profesional e Bacharelato por equipos, e o 27 de abril dos estudantes de bacharelato que compitan de maneira individual.
Programa:
10.00 - 10.30: Recepción de equipos
10.30 - 12.30 h: Presentación de proxectos (arredor de 5 minutos por proxecto)
12.30 – 14.00: Exposición dos proxectos no corredor da EET
14.00 –14.30: Entrega de premios
14.30: Peche da xornada
Máis información
Noticia no Duvi sobre as xornadas