Exposición 'Arqueoloxía dixital galega'
Data de celebración:
22 de abril ás 9:00 26 de abril ás 9:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Campus Crea e GeaatLugar
Rúa Maestranza 2
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
ExposiciónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo espazo O Abrigo
No marco da programación da Semana da Creatividade 2024, a sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes acolle entre o 22 e o 26 de abril a exposición Arqueoloxía dixital galega. Comisariada por Óscar Penín, investigador do GEAAT, o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Facultade de Historia, a mostra adéntrase no traballo da pouco coñecida arqueoloxía contemporánea e nas súas cada vez máis fondas conexións cos mundos virtuais.
A mostra contará con visitas guiadas para grupos, previa reserva no correo electrónico oscar.penin@uvigo.gal, mentres que para o venres 26 programáronse unha serie de visitas escolares á mostra, que contará cunha zona de videoxogos clásicos en galego. As visitas incluirán encontros con persoas investigadoras da Universidade de Vigo relacionadas co mundo dos videoxogos.
Esta actividade insírese na Semana da Creatividade 2024, un programa de actividades centradas nas principais liñas do proxecto de especialización do campus pontevedrés, organizadas polo Campus Crea co apoio da Deputación de Pontevedra e o Consello Social da Universidade de Vigo.