Programa de formación de Wiley para autores e autoras

UVigo - Biblioteca 12/09/2023

A editorial Wiley oferta oito seminarios web entre os meses de setembro e decembro para dar a coñecer os acordos transformativos para publicar en aberto e axudar aos autores/as no proceso de publicación dos seus traballos.

Neles darase unha visión xeral sobre o proceso de publicación, consellos sobre como atopar a revista adecuada, o uso do copyright por parte dos autores/as e recomendacións para escribir recensións. Tamén se informará dos pasos para publicar en acceso aberto en Wiley, cunha breve introdución sobre o acordo de financiamento do acceso aberto asinado entre Wiley e CRUE-CSIC para 2023 no que participa a UVigo a través do CISUG.
Para participar é necesaria inscrición previa.

Seminarios web ofertados:

  • Fluxo de traballo para publicar en revistas de acceso aberto gold e híbridas.
    Data: 12 de setembro de 2023
    Duración: 16 horas
    Inscrición
  • Publish with Wiley: Scientific Writing Tips for Non-Native English Speakers (en inglés).
    Data: 21 de setembro de 2023
    Duración: 17 horas
    Inscrición
  • Como elixir a revista axeitada para o seu manuscrito coa editora Dr. Rosalba A. Rincón
    Data: 28 de setembro de 2023
    Duración: 17 horas
    Inscrición
  • Step by Step Guide to Writing a Literature Review (en inglés)
    Data: 2 de outubro de 2023
    Duración: 20 horas
    Inscrición
  • Fluxo de traballo para publicar en revistas de acceso aberto gold e híbridas de Wiley
    Data:17 de outubro de 2023
    Duración: 16 horas
    Inscrición
  • Publique hoxe en acceso aberto nas revistas de Wiley co acordo transformativo.
    Data: 8 de novembro de 2023
    Duración: 16 horas
    Inscrición
  • Librarian Education Series: Understanding Copyright for Journal Authors (en inglés).
    14 de novembro de 2023
    Duración: 17 horas
    Inscrición
  • Publique hoxe en acceso aberto nas revistas de Wiley co acordo transformativo
    Data: 6 de decembro de 2023
    Duración: 16 horas
    Inscrición

Para saber máis sobre os acordos transformativos pódense consultar as seguintes guías:

 

Máis información:

Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Universitaria de Vigo
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal