Novo recurso de información: JoVE (Journal of Visualized Experiments)

UVigo - Biblioteca 08/11/2023

A Biblioteca da Universidade de Vigo ofrécelle á comunidade universitaria un novo recurso de información: JoVE, Journal of Visualized Experiments.

JoVE é unha plataforma con más de 17000 vídeos educativos e de investigación sobre métodos de laboratorio e conceptos científicos dos ámbitos das ciencias experimentais e aplicadas, ciencias da saúde e psicoloxía.

A susbcrición da Universidade de Vigo inclúe:

  • JoVE Investigación: 
    • JoVE Journal: revista revisada por pares indexada en Pubmed, Web of Science, Scopus e Scifinder.
    • JoVE Encyclopedia of Experiments: vídeos de experimentos científicos que presentan metodoloxías en directo.
  • JoVE Educación: 
    • JoVE Core: libros de texto audiovisuais
    • JoVE Science Education: vídeos destinados á aprendizaxe de técnicas fundamentais.
    • JoVE Lab Manual: vídeos con prácticas de laboratorio de bioloxía e química.

Formación en liña

Os vindeiros días 22 e 23 de novembro, o persoal de formación de JoVE ofrecerá dúas sesións en liña idénticas, dunha hora de duración, para tirarlle o máximo proveito a este recurso.

Cómpre rexistrarse na sesión escollida:

As persoas que se rexistren recibirán unha mensaxe de correo coa ligazón necesaria para unirse á formación. As dúas sesións serán gravadas e as persoas inscritas recibirán a gravación.

Para saber máis sobre JoVE

 

Máis información:

Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Universitaria de Vigo
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal