Novo acordo transformativo coa editorial Association for Compunting Machinery (ACM) para publicar en acceso aberto

UVigo - Biblioteca 18/10/2023

A Universidade de Vigo asinou un acordo transformativo coa Association for Computing Machinery (ACM).

Con este acordo, as persoas que forman parte da comunidade universitaria poden acceder a todas as revistas de ACM, ao tempo que habilita a publicación en acceso aberto sen custo adicional nas súas revistas híbridas e Gold OA, cubrindo o 100% das taxas de publicación (APC).

Para beneficiarse desde desconto do 100 % nas APC:

  • A autora ou autor de correspondencia (corresponding author) deberá ser membro da Universidade de Vigo e identificarse como tal mediante o seu correo electrónico institucional.
  • Cómpre ter aceptado un artigo para a súa publicación entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2025.

As persoas beneficiarias deberán comprometerse a:

Máis información nas guías:

A Biblioteca Universitaria encargarase de xestionar as solicitudes e ofrecerá soporte e asesoramento sobre o procedemento que deben seguir as persoas interesadas.

 

As consultas pódense realizar por correo electrónico a través do enderezo accesoaberto.biblioteca@uvigo.gal