I Ciclo de formación en liña de Scopus 2023

UVigo - Biblioteca 07/03/2023

A FECYT, en colaboración con Elsevier, organiza o I Ciclo de formación en liña de Scopus deste ano entre o 20 e 24 de marzo de 2023.

Programa

A formación estrutúrase en dez sesións gratuítas impartidas en español que revisarán diversos aspectos.

  1. Introdución a Scopus.
  2. Scopus: búsqueda por materia.
  3. Scopus: perfil de autor e institucións.
  4. Scopus: métricas.
  5. Scopus: Cite Score.
  6. Scopus: sources e comparación de revistas.
  7. Scopus: busca avanzada.
  8. Scopus: traballando cos resultados.
  9. Máis alá de Scopus: aproveitando os recursos de Scopus.
  10. Scopus: Pregunta & Respuesta-LibGuide: onde se resolverán as dudas que xurdiran durante as sesións anteriores.

Convocatoria e inscrición

As formacións desenvolveranse a través da ferramenta Go to Webinar e poderán seguirse no PC ou no móbil instalando a aplicación gratuíta GotoMeeting.

Días despois das xornadas de formación, a organización enviaralles as persoas asistentes unha enquisa de satisfacción e un certificado de asistencia que conterá todas as sesións ás que se asistiu e onde responderán ao 100 % das cuestións expostas pola persoa formadora durante a sesión en directo.

 

Máis información:

Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Universitaria de Vigo
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal