Formación sobre o portal de contidos xurídicos Aranzadi Instituciones

23 de maio

UVigo - Biblioteca 18/05/2023

A Biblioteca Universitaria convida a comunidade universitaria a unha sesión formativa en modalidade presencial ou en liña sobre o portal de contidos xurídicos Aranzadi Instituciones, recurso ao que está subscrita a UVigo.

  • Día: 23 de maio
  • Hora: 10:00 - 12:00 h
  • Impartido por: persoal formador de Aranzadi
  • Lugar: Aula de videoconferencias da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Campus de Vigo) ou en liña a través do Campus Remoto da UVigo.

Para asistir, é necesario inscribirse previamente co correo electrónico institucional da UVigo. A Biblioteca Universitaria emitirá certificados de asistencia.

Formulario de inscrición: https://forms.gle/ACaW6A1fUVvHR2vY7

 

Programa

  1. Presentación dos 4 sistemas de busca con exemplos prácticos:
       Busca global, busca asistida/operadores e busca con filtros
       Buscador por tipo de documento
       Xurisprudencia sobre unha norma
       Tesauro
  2. Presentación da vista dos resultados de procura: filtrar, acoutar, resultados, exportalos. Extractos.
  3. Guía de navegación e como desfacer filtros na navegación de resultados.
  4. Visualización da análise dun documento de lexislación: a nivel de norma e a nivel de artigo; comparador de versións. 
  5. Índices especializados. Outras utilidades.
  6. Integración con Proview.

 

Máis información:

Sección de Soporte á Aprendizaxe e á Investigación
Biblioteca Universitaria de Vigo
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 843
referencia@uvigo.gal