O historiador, xornalista e docente Jesús J. Blanco Rosas (Lugo,1973) dedicou boa parte da súa actividade investigadora ás temáticas da cultura da emigración e os medios de comunicación galegos no exterior.
Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Xornalismo pola Universidade do País Vasco e o periódico El Correo Blanco exerce como docente de Xeografía e Historia na Universidade de Vigo e en cursos de extensión universitaria nos centros asociados da UNED en Galicia.
No ámbito da investigación Blanco é membro do Grupo GI-1786 Comunicación Audiovisual da USC, onde colabora con achegas sobre a radio galega a emigración. Algunhas das súas obras máis destacadas neste campo son a Tese de Doutoramento "Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1984)" e as monografías "Maruxa Boga. Recordando a Galicia" (aCentralfolque, 2018) e "Galicia Emigrante. Prensa e radio no exilio galego" (A Nosa Terra, 2010) e diversas publicacións en revistas como Estudios Migratorios ou Murguía.
Como xornalista a actividade profesional de Jesús Blanco abrangue medios como Diario de Ponevedra, Europa Press, La Voz de Galicia ou Punto Radio. Asemade Jesús Blanco é crítico experto en Banda Deseñada, temática da que se ocupa na revista Tempos e á que dedicou o programa radiofónico La Viñeta Hablada, na plataforma Ivoox de podcast.