ESTADÍAS DE INVESTIGACIÓN
Convocatoria do programa Iacobus 2023/2024
A Vicerreitoría de Internacionalización informa de que está aberta aberta a nova convocatoria do programa Iacobus 2023/2024 para a mobilidade entre o persoal de universidades, institucións de educación superior e centros tecnolóxicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A modalidade de estadías de investigación está dirixida a docentes (PDI), investigadores pre e posdoutorais e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS).
O obxectivo do programa Iacobus é fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos das institucións da Eurorrexión co fin de promover sinerxías e de facilitar a posta en común e o desenvolvemento conxunto de actividades de formación, investigación e divulgación.
As estadías deberanse levar a cabo entre o día 1 de marzo e o día 31 de xullo de 2024.
Documentación
- Convocatoria
- Anexo II
Carta de autorización do persoal da UVigo que queira participar no programa. - Anexo I
Carta de aceptación do persoal que escolla a UVigo como institución de destino. Neste caso, o envío deberá facelo o persoal da UVigo que asuma a recepción do persoal visitante.
Os anexos remitiranse por correo electrónico á Vicerreitoría de Internacionalización para a súa sinatura.
Solicitudes e información
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de decembro de 2023. As persoas interesadas poderán presentar as súas candidaturas directamente no portal do programa.
Máis información na web da GNP-AECT.
Máis información:
Vicerreitoría de Internacionalización
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
internacional@uvigo.gal