Oferta de emprego no CITMAGA para contrato como técnico/a grao medio de investigación no ámbito das ciencias sociais e xurídicas
Referencia da oferta:
CITMAga-OT-04/2024.
Descrición do posto:
Un contrato como técnico/a grao medio de investigación (II.2).
Funcións:
Prestar apoio na xestión de actividades de investigación do centro para o desenvolvemento da súa axenda científica no período 2022-2025. Apoio na xestión e promoción de actividades de difusión, divulgación e transferencia dos resultados da investigación (organización de reunións, execución de actividades, e xestións afíns relacionadas).
Perfil das candidaturas:
Diplomatura, arquitectura técnica, enxeñaría técnica ou equivalentes.
Valoración de méritor e requisitos:
- Grao de afinidade das titulacións da persoa candidata no ámbito de coñecemento de ciencias sociais e xurídicas.
- Formación especializada e acreditada en xestión de proxectos, dirección estratéxica, márketing e equipos de proxectos.
- Formación específica e acreditada en administración pública e igualdade de xénero.
- Formación específica e acreditada en competencias dixitais e community manager.
- Coñecementos de inglés.
- Formación en uso de ferramentas ofimáticas.
Características do contrato:
- Retribución bruta mensual: 1924,16 €.
- Tipo de contrato: Contrato indefinido de actividades científico-técnicas.
- Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais).
- Lugar de traballo: Santiago de Compostela
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 28 de abril de 2024.
Máis información aquí.