A Universidade de Vigo conta con diversos proxectos, algúns deles propios, isto é, impulsados pola propia institución, como o voluntariado de apoio a estudantes con necesidades especiais, e outros en colaboración con asociacións e outras entidades de interese social, en diferentes ámbitos (medio natural, inmigración, infancia e xuventude, maiores ou atención hospitalaria, entre outros).
Por outra banda, son numerosas as asociacións de estudantes que desenvolven a súa actividade na Universidade de Vigo, que lles habilita para tal fin instalacións en que poden realizar as súas xuntazas e programar as súas accións.