Programa Stella

O obxectivo deste programa é proporcionarlle oportunidades de mobilidade ao persoal de administración e servizos, ao fomentar estadías de traballo dunha semana de duración, durante o período de febreiro a decembro, nalgunha das universidades americanas pertencentes ao Grupo Compostela de Universidades (GCU) (www.grupocompostela.org).

As universidades deste grupo interesadas en participar no Programa Stella, coordinado pola Oficina de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo, asinaron unha carta de adhesión, en que confirmaron o seu desexo de ser parte activa no desenvolvemento destas visitas de traballo.

Cada ano as universidades participantes ofrecen, no período de outubro/novembro, as súas prazas e indican os servizos, oficinas ou departamentos abertos ao persoal de administración e servizos, así como, os beneficios que proporciona cada institución. A mobilidade por universidade está fixada nun máximo de unha persoa ao ano. A universidade de acollida ten a obriga de aboar os gastos de aloxamento. O GCU dispón dun orzamento anual de 26000 euros para este programa.

O comité executivo, que se reúne dúas veces ao ano para xestionar o programa e adxudicar as prazas e as axudas de mobilidade, está integrado por un membro das oficinas de relacións internacionais da:

  • Universidade de Vigo (coordinador)
  • Masaryk University, Brno, República Checa
  • University of Oulu, Finlandia
  • Erasmus Hogeschool Brussels, Bélxica
  • Universidad de Guadalajara

Nova convocatoria 2014

En cada institución hai unha persoa responsable de xestionar o programa e de enviar as solicitudes no mes de xaneiro á secretaría do Grupo Compostela, así como, de proporcionar información sobre o funcionamento de Stella. Para máis información na Universidade de Vigo: ori1@uvigo.es, Eva Garea.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal