Queixas e consultas

Calquera membro da comunidade universitaria poderá presentar queixas, reclamacións ou consultas, individuais ou colectivas ante o Tribunal de Garantías. Presentaranse por escrito en calquera rexistro da Universidade de Vigo ou enviaranse por correo, e figurarán os datos persoais e a sinatura da ou das persoas interesadas, o número de DNI e o domicilio para os efectos de notificación.

Condicións mínimas para presentar as queixas

  • Ter recorrido previamente ante as instancias administrativas e/ou órganos de goberno.
  • Que non sexan anónimas.
  • Non ter recorrido a instancias xudiciais.
  • Non estar pendentes de expediente administrativo sancionador.
  • Non ter pasado máis de dous meses desde que se tivese coñecemento dos feitos.

Tramitación das queixas

As actuacións do Tribunal poderán iniciarse de oficio ou por instancia de parte. O Tribunal de Garantías, nun prazo máximo de 15 días, xustificará o recibimento das queixas ou reclamacións recibidas, e emitirá contestación motivada, respecto de se procede ou non a súa admisión a trámite. En todos os casos, comunicaráselles ás persoas interesadas a motivación que fundamentou a inadmisión. O anterior non impedirá, non obstante, a investigación sobre os problemas xerais suscitados por estas queixas.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal