Plan Estratéxico da Universidade de Vigo

Aprobado polo Claustro en sesión ordinaria celebrada o 30 de abril de 2008, o primeiro Plan Estratéxico da Universidade de Vigo é froito dun proceso de elaboración que se prolongou durante case ano e medio, no que participaron máis dun cento de membros da comunidade universitaria agrupados en comisións, e no que tamén se tiveron en conta numerosas suxesión achegadas desde fóra da Universidade.

Coordinado polo comisionado de plans estratéxicos, Xosé Manuel García Vázquez, o primeiro plan estratéxico da Universidade de Vigo establece unha decena de metas que permitirán facer da institución académica unha universidade conectada co medio, participativa, cunha oferta formativa consolidada, comprometida coa formación integral e a transferencia de coñecementos e economicamente sostible.
 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal