Valorización e protección

Froito dos traballos de I+D levados a cabo polo persoal investigador da Universidade de Vigo, xorden resultados que necesitan ser postos en valor ou protexidos para poder ser aplicados no mercado. Estes resultados de investigación pertencen á Universidade por ter sido desenvoltos polo seu persoal no marco da relación laboral que este ten coa institución.

Coa finalidade de acurtar o camiño que vai desde o desenvolvemento destes resultados ata a súa aplicación no mercado, pode ser necesario, ademais de protexer, realizar diversos estudos (por exemplo de patentabilidade ou de mercado) para a súa valorización.

Para calquera consulta sobre valorización e protección de resultados da I+D na Universidade de Vigo poden dirixirse a:

Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación

Universidade de Vigo, campus de Vigo

Anexo edificio Xerencia, 1º andar

As Lagoas, Marcosende s/n

36310 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986 812 236 Fax: 986 812 140

Enderezo electrónico: otri@uvigo.es

Fondo 2016

Normativa

A OEPM ofrece un amplo e actualizado repertorio normativo nacional e internacional sobre propiedade industrial.

O Ministerio de Cultura ofrece un repertorio de normativa estatal, autonómica, europea e internacional sobre propiedade intelectual.

Procedemento

Nesta sección descríbese o procedemento para a valorización e protección dos resultados de investigación. A valorización pretende poñer en valor os resultados da investigación coa finalidade de acurtar o camiño que vai desde o desenvolvemento da invención ata a súa aplicación no mercado.

Impresos

Propiedade industrial e intelectual da Universidade de Vigo

Escaparate de Patentes

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal