Estratexia de recursos humanos para o persoal investigador - HRS4R

HR logo

A Universidade de Vigo propúxose conseguir o recoñecemento da Comisión Europea para o logo de Excelencia en Recursos Humanos. Un proceso de máis de tres meses de duración que foi liderado pola Vicerreitoría de Investigación e Transferencia, a Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado e a Vicexerencia de Recursos Humanos. A comunidade universitaria, tanto PDI como PAS, participou activamente en enquisas, entrevistas e en grupos de traballo para consensuar a análise de situación e definir o plan de acción.


A Estratexia de Recursos Humanos para persoal investigador "HR Strategy for Researchers - HRS4R" é unha iniciativa da Comisión Europea para animar ás institucións de investigación a implementar a "Carta Europea do Investigador" e o "Código de conduta" para a contratación de investigadores e investigadoras e aconsella implementar o logo "HR Excellence in Research".

 
Desde que a Comisión Europea recoméndase a implementación da Carta e Código, en 2005, aproximadamente 1.200 institucións de 35 países europeos e fóra de Europa manifestaron o seu apoio e máis de 200 institucións obtiveron o logo "HR Excellence in Research". En España son 98 organizacións as que manifestaron o seu apoio e máis de 43 institucións as que xa contan co logo, entre elas, 4 son universidades.

 

 

Logotipo

Carta Europea do Investigador (Charter & Code) reúne unha serie de principios que especifican as responsabilidades e os dereitos do persoal investigador e das entidades que empregan e/ou financian a investigadores. O Código de conduta para a contratación de investigadores e investigadoras consta dunha serie de principios que deben seguir os empregadores e/ou financiadores ao contratar investigadores e investigadoras. Estes dous documentos, están dirixidos tanto ao persoal investigador como aos empregadores e/ou entidades financiadoras do sector público e privado. A implementación dos principios do Charter&Code contribúen a que o Espazo Europeo de Investigación sexa máis atractivo.

O logo de “Excelencia en Recursos Humanos de Investigación” (HR Excellence in Research) da recoñecemento público ás institucións de investigación que progresaron en aliñar as súas políticas de recursos humanos cos principios definidos no “Charter & Code”. As institucións ás que se lles ten concedido o logo teñen o dereito a usalo para destacar o seu compromiso na implementación dunha contratación xusta e transparente e unha avaliación do desempeño dos seus investigadores e investigadoras.

Os pasos a seguir para implementar o logo son: 

 

Pasos

Os pasos a seguir para implementar o logo de Excelencia en Recursos Humanos de Investigación “HR Excellence in Research" son:

  • Paso 1 – A institución de investigación ou de financiamento realiza unha análise interna (por exemplo unha Análise Gap) dacordo a un documento que agrupa aos 40 prinicipios da Carta e o Código (Charter & Code) en 4 áreas ('Aspectos profesionais e éticos', 'Contratación', 'Condicións de traballo e seguridade social' e 'Formación').
  • Paso 2 - A institución de investigación ou de financiamento publica a súa "Estratexia de recursos Humanos para Investigadores" na páxina web nun lugar accesible e en inglés. Ésta debe resumir os principais resultados da análise interna e presentar as accións propostas para asegurar e/ou mellorar o aliñamento cos principios da Carta e o Código.
  • Paso 3 - A condición de que os pasos anteriores se respeten formalmente e que tanto a Análise Gap coma o Plan de acción se enviaran a tempo, a Comisión Europea “recoñece”, previa avaliación por 3 avaliadores independentes, que a institución de investigación ou financiadora participante adoptou a Estratexia de Recursos Humanos en Investigación.
  • Paso 4 - A institución de investigación ou financiadora implementa a súa estratexia de RH e realiza unha auto avaliación dentro do marco dos seus mecanismos que aseguran a calidade. Esta autoavaliación débese realizar regularmente, como mínimo cada 2 anos despois do recoñecemento HR.
  • Paso 5 – Avaliación externa: alomenos cada catro anos despois do recoñecemento HR a institución de investigación ou financiadora elabora un informe amosando o progreso realizado para cumplir os obxectivos da súa Estratexia de Recursos Humanos en investigación e a súa conformidade cos principios do “Carta y Código”

Con este proceso desde a Universidade de Vigo preténdese fortalecer o procedemento de implementación de HRS4R, introducindo procedementos de calidade e asegurando o progreso.

 

UVigo

A Universidade de Vigo ven traballando neste proceso desde o mes de marzo de 2016.

>> Fuente de información 

 

Novas relacionadas

Sobre a obtención do logo:

Sobre o workshop de expertos:

E finalmente presentou o día 15 de novembro de 2016 os documentos á Comisión Europea: 

 

Documentos

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal