Etapas para a presentación: guía rapida

Cita previa para a presentación de teses

Recoméndase solicitar cita previa para o depósito da tese de doutoramento no Negociado de Terceiro Ciclo, no enlace http://www.uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/alumnado/posgrao/doutoramento/extincion.html#citaprevia 
Nos casos nos que a tese de doutoramento non se entregue de forma presencial senón que se envíe por correo interno, o/a doutorando/a deberá reservar tamén unha data e turno para a revisión da súa tese. De non facelo, ao/á doutorando/a asignaráselle unha cita de oficio, en función das dipoñibilidades existentes. Notificaráselle por correo electrónico a cada doutorando/a a aprobación de cada trámite.

Requisitos previos:

- Os datos da tese serán incorporados directamente polo/a doutorando/a na base de datos TESEO.

- Estar matriculado/a no curso académico actual.

- Alumnado dos programas do RD1393/2007: Ter rexistrado o proxecto de tese co mesmo título e directores/as. Os programas regulados por este RD quedarán definitivamente extinguidos o 30 de setembro de 2017, consonte o establecido na disposición transitoria segunda do RD 99/2011; por este motivo o alumnado desta regulación deberá realizar o depósito da súa tese no Negociado de Terceiro Ciclo, coa documentación correspondente, antes do 30 de maio de 2017 e está obrigado a defender a tese, en calquera caso, antes do 30 de setembro de 2017 (en consecuencia as modificacións substanciais, incluído a modificación na dirección, só poderán admitirse ata o 28 de febreiro de 2017)
-Alumnado dos programas do RD99/2011: Contar coa avaliación dun plan de investigación actualizado e dispor da(s) avaliación(s) anual/anuais que correspondan e, se é o caso, das actividades formativas obrigatorias e outros requirimentos específicos do programa. O título do plan de investigación, aprobado na última avaliación anual, e o título da tese deben ser coincidentes. As Comisións académicas dos programas velarán polo cumprimento dos requisitos formativos dos programas con antelación ao depósito da tese.

Formato tese:

- En formato electrónico (PDF) e 1 exemplar en papel, seguindo as normas de estilo obrigatoriamente a partir de (e incluíndo) setembro do 2016.
- Ambos deberán conter a autorización do/a/s director/es/as da presentación da tese para a súa defensa.
- Resumo de polo menos 3000 palabras en galego ou castelán se a tese non está redactada nestes idiomas.
- Importante: No apartado "Normativas" pode acceder ás normas de estilo de presentación de teses de doutoramento na Universidade de Vigo, aprobadas pola Comisión permanente da EIDO. Estas normas son de emprego voluntario durante o curso académico 2015/2016 e serán de obrigado cumprimento a partir de setembro de 2016.

Prazos:

- Prazo de depósito e exposición pública da tese: 10 días hábiles en período lectivo a partir da revisión no Negociado de Terceiro Ciclo, periodo no que calquera doutor/a poderá consultar a tese ou facer alegacións.

Debido á cantidade de documentos e comprobacións necesarias consonte ao establecido na regulación actual, cómpre ter en conta que o Negociado de Terceiro Ciclo pode precisar varios días dende a entrega para a revisión completa da tese e dos requisitos, polo que o depósito só será efectivo unha vez comprobado todo o expediente.
- Aprobación na Comisión Permanente da EIDO, a cal autoriza a admisión a trámite da tese e nomea o tribunal.
- Emisión de informes e data de lectura:

  • 20 días naturais para informes dende a recepción da tese (membros do tribunal)

  • Recibidos os informes, a EIDO autoriza a presentación da tese.

  • O/A presidente do tribunal convoca e o/a secretario/a comunicará a data e hora e lugar da lectura da tese con antelación mínima de 10 días hábiles a partir da notificación do Negociado de Terceiro Ciclo.

  • 5 días hábiles posteriores ao día de exposición e defensa da tese para a remisión da documentación, da que será responsable o/a secretario/a do tribunal ou profesor/a en quen delegue.

-No caso de teses presentadas pola modalidade tradicional (non por compendio de artigos), segundo o disposto na "Guía de boas prácticas para a dirección de teses de doutoramento", aprobada pola Comisión permanente da Edido, na sesión do 20 de maio de 2016, presentar :

  • a declaración de que ningún capítulo da tese sexa transcrición exacta dunha publicación previa.
  • presentar, se é o caso, as autorizacións que correspondan das persoas coautoras dos artigos presentados como anexos (nunca como corpo da tese) nunha tese presentada por esta modalidade tradicional

Lectura da tese e defensa pública:

  • Cualificacións: Non Apto, Aprobado, Notable, Sobresaliente
  • Mención cum laude, mediante voto secreto dos membros do tribunal (require unanimidade de votos positivos)
  • Duración da tramitación: A defensa pública deberá ter lugar nun prazo máximo de 3 meses dende a autorización da defensa.

Impresos:

Pódese acceder aos formularios de doutoramento no enlace uvigo.es/formularios_dout

  • TC24: Solicitude de admisión a trámite da tese de doutoramento
  • TC25: Proposta do tribunal da tese de doutoramento
  • TC32: Curriculum de cada membro do tribunal proposto

Tribunal:

  • Proposición: 6 membros (a maioría deberán ser membros externos á universidade ou institucións participantes no programa)
  • Tribunal nomeado: 3 titulares e 2 suplentes (mínimo entre titulares un/unha de cada sexo, e entro todos/as dous/dúas de cada sexo)

Mención Doutoramento internacional:

Ten que concorrer as seguintes circunstancias:

  • 2 informes favorables previos á presentación da tese de 2 expertos/as doutores/as pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non española.
  • Acreditación dunha estadía mínima de 3 meses fóra de España nunha institución de ensino superior ou centro de investigación de prestixio.
  • Escrito do/a director/a da tese avalando a estadía.
  • Escrito da Comisión académica do programa de doutoramento da autorización da estadía.
  • Parte da tese (obrigatorio como mínimo a introdución, o resumo e mailas conclusións) deberá estar escrita e defenderse nunha das linguas habituais para a comunicación científica no seu campo de coñecemento, distinta a calquera das linguas oficiais en España (excepción país de fala hispana).
  • O tribunal debe conter polo menos unha persoa experta pertencente a algunha institución de educación superior ou centro de investigación non español, co título de doutor/a, esta persoa será distinta do/a responsable da estadía (as mesmas condicións rexen para un/ha suplente do tribunal) e dos/as informantes externos da tese.

Tese por compendio de artigos de investigación:

  • Cada publicación deberá facer constar a adscrición do/a doutorando/a á universidade na que está desenvolvendo o programa de doutoramento.
  • Documentación adicional que se debe aportar:
    • Informe da/s persoa/s que dirixe/n a tese, coa aprobación da Comisión académica do programa de doutoramente, o cal debe especificar:
      • a idoneidade da presentación da tese baixo esta modalidade
      • os indicios de calidade das publicacións presentadas
      • a contribución do/a estudante de doutoramento se hai máis coautores/as
    • Aceptación por escrito dos/as coautores/as de que o/a doutorando/a presente o traballo como parte da súa tese.
    • Renuncia por escrito dos/as coautores/as non doutores/as á presentación dos traballos como parte doutra tese de doutoramento.
    • Un mínimo de 3 artigos de investigación, publicados ou con aceptación definitiva para a súa publicación en revistas indexadas no JCR ou en índices equivalentes segundo os criterios CNEAI da rama.
  • A tese debe incluír:
    • Introdución
    • Obxectivos que se deben alcanzar
    • Discusión xeral que dote de coherencia e unidade os diferentes traballos
    • Conclusións e bibliografía común
    • Copia íntegra das publicacións

 Solicitude do título de doutor/a

Despois da defensa da tese e da entrega das actas polo/a secretario/a do tribunal ou persoa que se indique (pode achegarse a través do correo interno ou do rexistro xeral de cada campus), o/a alumno/a pode solicitar o título de doutor/a no Negociado do Terceiro Ciclo presentando:
  • Fotocopia do NIF en vigor
  • Partida de nacemento se o/a alumno/a é estranxeiro/a
  • Copia das titulacións de acceso (só no caso de que as titulacións non sexan expedidas pola Universidade de Vigo) e orixinais para cotexo 
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal