Visión

Encadrados nunha institución que ocupa un papel central no desenvolvemento cultural, económico e social dun país, e que pretende ser moderna, de calidade e con maiores niveis de excelencia e influír positivamente en todos os ámbitos da sociedade, esforzarémonos en establecer dinámicas de progreso na procura dun servizo que ten como retos:

  1. Ser líderes na transmisión de valores sociais (fomentando a igualdade, a democracia e a participación), na promoción e defensa de valores ambientais e ecolóxicos, na protección da seguridade e a saúde e na difusión de actitudes e comportamentos éticos respecto do cumprimento da norma polas persoas usuarias e polos provedores de bens e servizos á Universidade.
  2. Acadar maiores cotas de satisfacción dos usuarios, ao incrementar o grao de participación na toma de decisións e na planificación, e ao facilitar a emisión de xuízos de valor e a formulación das propostas de mellora (suxestións, queixas, reclamacións etc.)
  3. Incrementar a racionalización, documentación e simplificación dos procesos de xestión económica xerais da Universidade en coordinación con todos os sectores implicados.

Neste sentido comprometémonos:

  1. Coa implantación de técnicas de mellora e coa nosa formación continua, a responder ás demandas e esixencias dos usuarios/as adaptándonos permanentemente a elas e rendindo contas dos resultados da xestión.
  2. Contribuír e promover a incorporación das TIC na Universidade e na sociedade en xeral, e mellorar a accesibilidade e a transparencia dos procesos (aos usuarios e á sociedade no seu conxunto).
  3. Lograr un maior grao de coordinación cos servizos, centros e unidades da Universidade e impulsar a cooperación coas administracións afíns e aqueloutras coas que se manteña relación.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal