Servizos que prestamos

 Na contratación administrativa:

 
1.   Informar ó usuario interno e externo da xestión contractual da Universidade de Vigo.
2.   Planificar, asesorar, tramitar e supervisar os expedientes de contratación de obras, subministracións, servizos, etc. 
3.   Redactar os pregos de cláusulas administrativas particulares dos distintos procedementos e dos pregos de bases nos contratos privados ou administrativos especiais.
4.   Elaborar os pregos de prescripcións técnicas correspondentes a expedientes de servizos centralizados (vixilancia, limpeza, …).
 
    Na xestión económica:
 
1.       Xestionar e tramitar documentos de pagamento xerados pólos servizos centrais: facturas, axudas de custo, bolsas, colaboracións, conferencias, etc.
2.       Xestiónar de compras dos Servizos Centrais da Universidade de Vigo.
3.       Emitir as facturas correspondentes a servizos centralizados.
4.      Supervisar e controlar a execución do orzamento de servizos centrais e das partidas cuxa xestión lle está encomendada. Propoñer as modificacións orzamentarias (transferencia, redistribucións e xeracións de crédito).
 
    Na área patrimonial:
 
1.       Xestionar un inventario actualizado de bens mobles e inmobles.
2.       Tramitar os expedientes de adquisición, alleamento, arrendamento, cesión, permuta, inscripción, adscripción, afectación, uso e destino dos bens mobles e inmobles e dereitos que forman o citado patrimonio.
3.       Xestionar riscos e seguros. Seguimento dos diversos sinistros relacionados coa Universidade para que se envien á compañía aseguradora.
4.       Instruir os expedientes de responsabilidade patrimonial interpostos contra a Universidade.
 
Nas tres áreas:
 
Informar a persoa usuaria, interna e externa, e responder as consultas formuladas que estean relacionadas coa xestión da área.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal