¿Que teño que facer para darme de alta como provedor da Universidade de Vigo ou para modificar os meus datos persoais e bancarios?

Cubrir a ficha de perceptores da Universidade de Vigo. Os datos bancarios deberánse completar correctamente incluíndo o código IBAN. Ademáis as persoas xurídicas conformarán os datos bancarios no banco mediante selo ou certificado.

O orixinal da ficha achegarase por correo ó Servizo de Contabilidade, podéndose adiantar por e-mail netesour@uvigo.es;pbcont1@uvigo.es, ou ben por fax.

As persoas físicas que cobren por nómina e queiran manter a mesma conta no Servizo de Contabilidade poderano solicitar por teléfono, e-mail ou carta.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal