Web corporativo e aloxamento web

A Universidade de Vigo vén de pór en marcha o novo portal web cunha imaxe corporativa, que utiliza un xestor de contidos OpenCMS que facilita o proceso de creación, edición e mantemento das páxinas web.

Deste xeito dende as propias vicerreitorías, servizos e áreas, os usuarios autorizados poderán introducir a súa información, usando como axuda o Manual do Editor-Publicador e seguindo as Normas para a subida de arquivos.

Dende a ATIC poñemos a disposición dos centros, departamentos e áreas a guía de estilos, así como un modelo para que, quen o desexe, poida darlle á súa web a imaxe corporativa.

Así mesmo, para os centros, departamentos e áreas que dispoñan xa dun xestor de contidos propios, a ATIC pon á súa disposición os modelos para aplicar no Joomla (versión 1.0   e  versión 1.5 coas instruccións de instalación).

Aloxamentos web

A Universidade de Vigo dispón de espazos web para que os usuarios ubiquen páxinas persoais, de grupos de investigación, eventos, cursos, etc. Pódese empregar tamén para webs de centros ou departamentos aínda que para este uso recomendamos o portal institucional da Universidade de Vigo, por ser un contorno máis controlado.

Estes espazos asócianse a un usuario (do tipo usuario@uvigo.es). A activación do espazo web asociado compre solicitala a través do portal dos espazos web.

Para acceder a estas páxinas pódese empregar un cliente FTP, SFTP ou WebDAV, indicando o usuario e contrasinal.
As contas web concédense sempre asociadas a unha conta de correo (por exemplo, usuario@uvigo.es ten como páxina web http://usuario.webs.uvigo.es e http://webs.uvigo.es/usuario).

As características deste aloxamento web (características, limitacións, condicións de uso, procedemento de solicitude) pódense consultar dende o portal dos espazos web.

Redireccións web

Proporciónase un servicio xenérico de redirección de páxinas web, para facilitar accesos alternativos ou migracións.

Este servizo permite redirixir un dominio baixo uvigo.gal ou uvigo.es (do tipo sitioweb.uvigo.es) a unha URL baixo outro dominio, por exemplo https://sitioalternativo.dominio.org/ruta1/paxina.php

Este servizo préstase coas seguintes limitacións:

  • HTTPS non se redirixe: pódese redirixir http://sitio.uvigo.es pero non https://sitio.uvigo.es
  • A URL de orixe máis a URL de destino, non poden exceder en conxunto de 220 caracteres
  • Só se aceptan URLs de orixe en uvigo.es / uvigo.gal e dominios DNS administrados polo ATIC
  • So se admiten, na URL da páxina a redirixir e na URL de destino os caracteres: letras (maiúsculas e minúsculas), números, e os caracteres "." (punto), "-" (guión), "/" (división) e "_" (subraiado).
  • Non distingue maiúsculas de minúsculas (esto en redireccións a páxinas web aloxadas en servidores Windows pode supoñer un problema)

Para solicitala deben solicitar, a saum@uvigo.es:

  • Dominio ou páxina a redirixir (p.ex. http://sitio.uvigo.es)
  • URL á que se reenvian as peticións (p.ex. https://sitioalternativo.com/ruta/ruta2/paxina.php, ou http://www.sitio.net)

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal