Rede de datos

A rede de comunicacións da Universidade de Vigo, operativa dende 1995, comunica os centros dos catro campus (As Lagoas-Marcosende e Torrecedeira en Vigo, Pontevedra e Ourense), ademais dos edificios que están illados.

O proxecto REDIRIS-NOVA contempla a conexión con Internet así como a conexión entre campus. A conexión a Internet está formada por dúas salida a 10G, unha conectada a un equipo do CESGA en Vigo e outra en Santiago. A conexión entre campus é un anel de conexións 10G entre Vigo-Torrecedeira-Pontevedra-Ourense e Vigo, de forma que si unha parte desde anel rómpese o tráfico encamiñarase polo outro lado.

O campus das Lagoas-Marcosende dispón dunha doble estrela Xigabit con todos os centros a velocidades de 10 Gbps, que constitúe o espiñazo (backbone) da rede no campus de Vigo, á cal se interconectan as redes Xigabit de cada edificio.

Así mesmo, a Universidade de Vigo dispón dunha rede sen fíos estendida a todos os centros de todos os campus, accesible para profesorado, alumnado e personal de administración. Deste xeito, calquera membro da comunidade universitaria pode conectarse a internet desde calquera punto de calquera universidade.

Os servizos que se implanten sobre a rede de comunicacións deben facela evolucionar cara a unha rede global multimedia, que posibilite a creación dun contorno de traballo, que permitirá maximizar a produtividade da Universidade nos métodos administrativos, na produción científica, nos aspectos docentes, na utilización dos recursos materiais informáticos e nas comunicacións exteriores.

Este contorno estará caracterizado polo uso de tecnoloxías e servizos como son actualmente: o correo electrónico, a transferencia de ficheiros, o acceso a máquinas e a bases de datos remotas, o acceso a grupos de discusión e conversación, a conexión total á rede internet, a videoconferencia, a teledocencia, a televisión por internet etc.

Os servizos ofrecidos pola ATIC, no relativo á rede de comunicación de datos, son:

  • Administración de IP e conectividade á rede de datos por cable dos usuarios/as finais (PDI, PAS, persoal investigador, bolseiros/as, aulas de acceso libre e aulas de docencia).
  • Mantemento, control e xestión de incidencias na rede de datos por cable. 
  • Conectividade á rede de datos sen fios.
  • Mantemento, control e xestión de incidencias na rede de datos sen fíos.
  • Resolución de incidencias de seguridade na rede de datos.
  • Conectividade e xestión da rede de datos dos centros adscritos.
  • Arquitectura, instalación, mantemento e xestión da infraestrutura activa da rede de datos (switches, routers etc.).
  • Arquitectura, instalación, mantemento e xestión dos elementos de seguridade da rede de datos (cortafogos, detectores de intrusos etc.).
  • Integración da voz cos datos a través da rede de datos.
  • Desenvolvemento, implantación, administración de novos proxectos para a mellora continuada da rede de datos.
  • Conectividade co exterior e outras redes de investigación.
  • Definición de políticas e normativas da rede de comunicación de datos.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal