Desenvolvemento de aplicacións de xestión corporativas

Dende a ATIC xestiónanse e adminístranse todas as aplicacións corporativas da Universidade de Vigo que serven de apoio nas tarefas organizativas docentes e de xestión.

Encárganse de todas as aplicacións informáticas da Universidade de Vigo relacionadas coa súa xestión e organización.

Entre as principais aplicacións corporativas temos:

  • Xestión da investigación (SUXI)
    • Rexistro e validación da produción científica
    • Xestión de proxectos de investigación
    • Xestión de actividades de I D
    • Xestión da transferencia tecnolóxica (patentes)
    • Xestión de convocatorias de axudas
    • Xestión de comercialización
  • Xestión académica (Xescampus)
    • Matrícula do 1.º, 2.º ciclo, grao e mestrados
    • Xestión de taxas (cobros, domiciliacións, devolucións, morosidade)
    • Xestión de bolsas do MEC e propias (colaboración, mestrados, comedor e residencias)
    • Xestión académica (actas, convocatorias, notas, traslados, títulos, renuncias, certificacións)
    • Elaboración e xestión do POD
  • Elaboración de guías docentes (DocNET)
    • Elaboración das guías docentes de centro, titulación e materia
    • Elaboración das guías de aprendizaxe
    • Deseño do perfil de competencias da titulación
  • Xestión económica (Xesticonta)
    • Documentos de execución do orzamento
    • Control da execución das partidas orzamentarias
    • Pagamentos a terceiros
    • Rexistro de facturas recibidas
  • Xestión do patrimonio (Sorolla)
    • Xestión orzamentaria
    • Xestión do patrimonio mobiliario e inmobiliario
    • Xestión administrativa e contable
  • Xestión do persoal (Meta4)
    • Xestión de persoal (PAS e PDI)
    • Xestión de retribucións
    • Xestión de seguros sociais
    • Xestión dos procesos de selección
    • Formularios web (concursos de traslados, inscrición nos procesos selectivos)
  • Xestión de cursos de formación permanente (Bubela)
    • Xestión de cursos de formación do profesorado
    • Xestión de cursos de formación do PAS
    • Xestión de cursos do Centro de Linguas
    • Xestión de cursos de Extensión Universitaria
    • Actividades formativas de escolas e departamentos
    • Cursos para maiores
  • Aplicación para a xestión da Área de Calidade
    • Xestión das enquisas de avaliación docente (EAD)
    • Informes de avaliación docente
    • Bolsas de colaboración na EAD
    • Valoración da actividade docente (VAD)
    • Indicadores de produción docente
    • Resultados do VAD
  • Secretaría Virtual
    • Consulta da nómina
    • Consulta do certificado da renda
    • Consulta das axudas de acción social
    • Conexión coa aplicación de investigación (SUXI)
    • Conexión coa secretaría virtual do profesorado
    • Sistema de información de axuda a dirección  
  • Xestión do Rexistro (InveSicres)
    • Tramitación e xestión do Rexistro de entrada
    • Tramitación e xestión do Rexistro de saída

Tamén se presta soporte aos usuarios/as para a:

  • Resolución de dúbidas e consultas do persoal dos servizos da Universidade de Vigo no uso das aplicacións informáticas
  • Xeración de diversos listados especiais para os servizos, vicerreitorías etc.
  • Xestión das tarxetas universitarias e resolución das incidencias relacionadas con estas
  • Xeración do número de identificación universitaria (NIU)
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal